Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Noticias

Inicio do período de prácticas profesionais do alumnado do Curso de Atención Sociosanitaria

O próximo día 14 de novembro o alumnado do Curso de Certificado Profesional de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO que actualmente está impartindo a Asociación AMBAR no Centro de Recursos da Barbanza, inicia o período de prácticas profesionais, polo que durantes as dúas últimas semanas se estiveron pechando os convenios coas distintas empresas e concellos que acollerán ós alumnos en prácticas.

Gran éxito da Gala do 30 aniversario

Jose Triñanes

Os barbanzáns volveron demostrar o domingo o seu carácter solidario. Duascentas persoas acudiron á chamada que Ambar realizou co gallo do seu trinta aniversario. A conselleira Beatriz Mato, o senador José Luis Torres Colomer e os alcaldes Isaac Maceiras, Manuel Ruiz, Juan José Dieste, Adolfo Muiños e Luis Oujo non faltaron á cita, que serviu de escenario para a estrea de Carlos López Crespo como deputado, pois acudiu en representación do ente provincial. O locutor de Radio Boiro Jose Triñanes foi o encargado de conducir unha gala na que o grupo folclórico Tahúme puxo a nota musical.

O concurso fotográfico de Ambar sobre a diversidade xa ten gañador

O xurado outorgou o primeiro premio á imaxe Tambores para a igualdade

Como viven as persoas con diversidade funcional e en que medida participan, nos seus lugares de residencia, nos mesmos contextos que o resto de cidadáns foron as premisas fotográficas do concurso de Ambar, Vivindo na Comunidade, que se fallou a tarde do pasado venres. O Xurado estivo integrado por Reyes Noya, Suso Souto, Carmela Queijeiro, Lucía Romaní e Martín Casanova. Por unanimidade, acordaron outorgar o primeiro premio ao traballo Tambores para a igualdade, de Valentín Vadillo, e o segundo a Felipe Juárez por Enlazadas. Os directivos de Ambar Milagros Rey e Toño Novoa deron a coñecer o resultado dun certame patrocinado por Congalsa, Cartogal, Serdeco e Shell.

Comida-Gala 30 aniversario

Domingo 30 de setembro ás 14:00 h

Pazo de Torres Xunqueiras (A pobra do Caramiñal).

Venda de invitacións: Oficinas de AMBAR en Pobra e Ribeira

Prezo do cuberto: 25 € por persoa

“O Efecto Groenlandia” e “A Sombra da Marea”

Dúas accións de arte e conciencia en Riveira o 27 de Xullo de 2012.

Unha das máis devastadoras consecuencias do quecemento global é o aumento continuado do nivel do mar. O incremento de temperatura que está a padecer o planeta nas últimas décadas por causa da acumulación de certos gases, ten como consecuencia a elevación dos océanos. Porén, este proceso resulta prácticamente imperceptibel ao ollo humano, xa que a taxa de elevación é de á penas 2 milímetros por año.

Servizo de Silla Anfibia no Son

O Concello de Porto do Son pon en funcionamento o servizo da silla anfibia na praia urbana, deste xeito van tratar de coñocer a demanda que ten o mesmo, e así poder planificar no vindeiro ano o servizo conforme á demanda

Servizo de Silla Anfibia

Horarios

  • Venres: das 16:00 ás 20:00 h
  • Sábados e domingos: das 12:00 ás 20:00 h
  • Resto da semana: previa solicitude

Unha gran noite de apoios solidarios e ánimo festivo

Os barbanzáns mostraron a súa cara máis solidaria apoiando a labor de AMBAR. Preto de trescentas persoas asistiron ao Festival Solidarios, promovido pola entidade no auditorio municipal de Ribeira. Durante máis de dúas horas, os artistas conducidos por un xenial Quico Cadaval, subiron ao escenario para animar unha velada inesquecible.

«Alguén con diversidade funcional non pide esmola, senón dereitos»

Rei di que a historia dá entidade que preside é de loita día a día.

Milagros Rey xunto ao cartel que anuncia o 30 aniversario de AMBAR

O medo ao diferente está aí. Existe. E aparece moitas veces. Pero, conforme se ten, tamén pode perderse. E é marabilloso cando se esfuma, porque así un dáse conta da diversidade da vida. Quizais esa sexa unha das máis importantes leccións que se sacan con só visitar unha vez o centro de Ambar en Ribeira onde, como na vida, a variedade existe. Esa aprendizaxe faise máis profunda cando un conversa con Milagros Rey, a presidenta dese colectivo, que no 2012 celebra tres décadas loitando polos dereitos das persoas con diversidade funcional. A conversa empeza polo principio, por como xurdiu iso que se chama Ambar...

Ambar cumpriu as súas expectativas de solidariedade

O público abarrotou o auditorio de Ribeira para apoiar o festival benéfico enmarcado no trinta aniversario da asociación

Durante o festival

Milagros Rei, presidenta da asociación Ambar, non tiña palabras suficientes onte pola mañá para agradecer o éxito cultivado no festival solidario celebrado o venres pola noite. De momento aínda non poden dar unha cifra exacta do recadado, pero, aínda así, é clara: «Cumprimos as expectativas de solidariedade. Estivemos moi acompañados, moito». O auditorio de Santa Uxía, onde se celebrou o acto, estaba cheo. Durante toda a noite recibiron numerosas felicitacións por parte da xente. Certamente, o espectáculo gustou.

Inaugurou a velada o grupo de teatro de Ambar. Tamén eles presentaron ao gran Quico Cadaval. «Quico é un mestre, grande entre os nosos grandes, merecedor de todo o noso agradecemento», explica Milagros . A pesar de que na cita había postas moitas expectativas e non faltaron os nervios propios dunha estrea, a presidente da asociación organizadora asegura que «parte da nosa tranquilidade residía na presenza de Cadaval, que o levou estupendamente». Conquistou a nenos e tamén a maiores.

A solidariedade ten moitos rostros en Barbanza

Quico Cadaval, Tonhito de Poi e José Antonio Nóvoa

O festival de Ambar foi un éxito por varios motivos. Sobre todo dous. Primeiro, o esforzo organizativo da entidade. Segundo, a presenza de todos aqueles que quixeron apoiar á asociación: tanto os que se sentaron nas butacas, tras comprar o caderno conmemorativo dos trinta anos de vida da entidade, como todos e cada un dos que se subiron ao escenario. Eles son os rostros da solidariedade. O grupo de teatro municipal e o da asociación, Xosema Esperante, Teté García, Sonia Levedynski, Roi Casal, todos os compoñentes de Vai de Roda., Tonhito de Poi... Non deixaron de chegar os aplausos tras as diferentes intervencións, fiadas por Quico Cadaval. O cheo foi total, en canto a asistencia e en canto a satisfacción, segundo recoñeceu Milagros Rei, presidenta de Ambar. Foron horas de «ambiente cordial», de felicitacións. A mellor proba de que, nuns e outros, foi calando o traballo realizado pola asociación durante estas tres décadas. A toda esa traxectoria lle dedicou emotivas palabras unha das socias, Luisa Crugeiras.

Páxinas