O pasado xoves 14 de marzo os participantes na obra titulada “Ámame en condiciones” e co seudónimo Marea de gente, levado a cabo no Taller de Arte Insólita da Asociación AMBAR, recolleron o primeiro premio do certamen de fotografía “Revélate e únete ao bo trato”. Este certame foi convocado pola Deputación da Coruña, foi a Diputada de Servizos Sociais Zaira Rodríguez quen entregou o diploma acreditativo dun premio en metálico de 1.000€.
O grupo de teatro de AMBAR, baixo a dirección das monitoras Mari Carmen González e Zeltia Iglesias, escenificou a obra "Amoleceres do Barbanza" no salón de actos da Casa do Mar de Riveira. A representación, que tivo lugar durante a presentación da asociaciónMulleres en Acción, centrouse na conversación de catro amigas nunha cafetaría, cun camareiro como espectador de excepción, falando dos aspectos negativos e positivos na súa vida laboral, logrando que o público pasase un bo anaco.
Este monolito, consistente nun prisma de granito cuxa base se asinta nun cadrado de 50 cm de lado e con 250 cm de altura, resulta un fito de pedra que sinala o tempo do 30 aniversario de AMBAR. Representa dous conceptos, o do piar fundamental sobre o que se edifica a comunidade solidaria, baseada no compromiso e a xenerosidade; e o da espiral da vida e a dignidade, como unha hélice marcada sobre a pedra, que se desenvolve dende a nada, elevándose, vivificando e honrando á comunidade.
Luns 11 de febreiro celebramos no Centro Ocupacional e Centro de Día da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional unha gran festa de entroido na que non faltou a música, o baile e os doces típicos.
Á primeira hora da mañá os fogóns da cociña do Centro de Recursos comezaron a funcionar para preparar as ricas rosquillas de carnaval, mentres nos talleres, cada grupo se vestía e maquillaba para a ocasión.
Baixo o seudónimo “Marea de gente,” o Taller de Arte Insólita da Asociación AMBAR presentou a obra titulada “Ámame en condiciones”, que foi recoñocida polo xurado co Primeiro premio deste certamen. Esta fotografía resultou a máis destacada pola creatividade, orixinalidade, calidade fotográfica e contribución a favor da defensa dos valores de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e loita contra a violencia de xénero.
Nós seguiremos poñendo primeiro as persoas sobre as cousas
“A directiva e persoal de AMBAR deséxanlle a todos un Bo Nadal!!”
A Asociación AMBAR celabrará o Día Internacional dos Dereitos Humanos, cuxo lema é “A inclusión e o dereito a participar na vida pública”, con tal motivo ten programada a seguinte actividade:
“PALABRAS EN ACCIÓN”, que terá lugar o luns 10 na Rúa de Galicia (rúa peonil) e na Praza do Concello de Ribeira, coa seguinte programación da xornada:
En conmemoración do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, hoxe día 3 de decembro de 2012, a Asociación AMBAR convocou unha MARCHA EN BRANCO coa que percorreu as rúas de Ribeira, partindo da Praza de España e rematando na Praza do Concello, onde se dou lectura a un manifesto ás 12.30h.
En conmemoración del Día Internacional de las Personas con Diversidad Funcional, día 3 de diciembre de 2012, os convocamos a participar en la MARCHA EN BLANCO que AMBAR celebra recorriendo las calles de Ribeira, partiendo de la Plaza de España y terminando en la Plaza del Ayuntamiento, donde se dará lectura un manifiesto a las 12.30h.