Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Notas de prensa

Celebración do día internacional das persoas con diversidade funcional

En conmemoración do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, hoxe día 3 de decembro de 2012, a Asociación AMBAR convocou unha MARCHA EN BRANCO coa que percorreu as rúas de Ribeira, partindo da Praza de España e rematando na Praza do Concello, onde se dou lectura a un manifesto ás 12.30h.

Inicio do período de prácticas profesionais do alumnado do Curso de Atención Sociosanitaria

O próximo día 14 de novembro o alumnado do Curso de Certificado Profesional de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO que actualmente está impartindo a Asociación AMBAR no Centro de Recursos da Barbanza, inicia o período de prácticas profesionais, polo que durantes as dúas últimas semanas se estiveron pechando os convenios coas distintas empresas e concellos que acollerán ós alumnos en prácticas.

“O Efecto Groenlandia” e “A Sombra da Marea”

Dúas accións de arte e conciencia en Riveira o 27 de Xullo de 2012.

Unha das máis devastadoras consecuencias do quecemento global é o aumento continuado do nivel do mar. O incremento de temperatura que está a padecer o planeta nas últimas décadas por causa da acumulación de certos gases, ten como consecuencia a elevación dos océanos. Porén, este proceso resulta prácticamente imperceptibel ao ollo humano, xa que a taxa de elevación é de á penas 2 milímetros por año.

20 Xul. 2012 Enviado por administrador

AMBAR amplía o alcance da súa Certificación de Calidade ISO 9001

A asociación AMBAR ven de ampliar o alcance da certificación de calidade ISO 9001 ó Centro de Día que a entidade dispón en Ribeira. Polo que actualmente tanto o Centro Ocupacional como o Centro de Día contan con esta acreditación, que mostra ante todos os seus grupos de interese, usuarios e familiares, administracións públicas, empresas privadas e sociedade en xeral, que están a prestar eficazmente os seus servizos e que os recursos son canalizados de forma adecuada.

20 Xul. 2012 Enviado por administrador

Entrega de diplomas a asistentes ao curso AFD

O mércores 9 de maio no Centro de Recursos da Barbanza tuvo lugar a entrega de diplomas do  Curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO, que se impartiu no centro durante o 2011. Este curso está enmarcado dentro das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas (AFD), financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, ao cal AMBAR trata de penetrar .dun carácter social e centrado na satisfacción da persoa destinataria final dos servicios que prestarán estes profesionales.

20 Xul. 2012 Enviado por administrador

AMBAR realizou o campamento de verán en Fornelos

Un total de 43 usuarios e usuarias do Centro Ocupacional e Centro de Día de AMBAR veñen de regresar dunha estimulante semana no albergue O Kiriko en Fornelos de Montes (Pontevedra), onde estiveron do 25 ó 29 de xuño acompañados de monitores e voluntarios.

19 Xul. 2012 Enviado por administrador

O Club Náutico de Ribeira e AMBAR asinan un convenio

O martes 17 de abril, no Club Náutico de Ribeira tivo lugar a presentación do convenio asinado pola Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional e o Club Náutico de Ribeira, para a continuación do programa Vela para Todos que AMBAR ven promovendo dende o 2007, e que se realiza de maneira constantemente nas instalacións de dito Club.