Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

AMBAR amplía o alcance da súa Certificación de Calidade ISO 9001

20 Xul. 2012 Enviado por administrador

A asociación AMBAR ven de ampliar o alcance da certificación de calidade ISO 9001 ó Centro de Día que a entidade dispón en Ribeira. Polo que actualmente tanto o Centro Ocupacional como o Centro de Día contan con esta acreditación, que mostra ante todos os seus grupos de interese, usuarios e familiares, administracións públicas, empresas privadas e sociedade en xeral, que están a prestar eficazmente os seus servizos e que os recursos son canalizados de forma adecuada.

O certificado foi otorgado por Buerau Veritas Certification, que estivo durante dous días realizando a pertinente auditoría que culminou na emisión do mencionado certificado.

O Centro Ocupacional e o Centro de Día de AMBAR traballan por mellorar a calidade de vida das persoas con Diversidade Funcional Intelectual prestando servizos de atención integral especializada a través de obradoiros prelaborais, programas de habilidades persoais e sociais, programas de ocio e inclusión social, atención psicolóxica e socio-familiar.