Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

AMBAR realizou o campamento de verán en Fornelos

20 Xul. 2012 Enviado por administrador

Un total de 43 usuarios e usuarias do Centro Ocupacional e Centro de Día de AMBAR veñen de regresar dunha estimulante semana no albergue O Kiriko en Fornelos de Montes (Pontevedra), onde estiveron do 25 ó 29 de xuño acompañados de monitores e voluntarios.

O campamento ten como finalidade potenciar a autonomía persoal dos participantes nun entorno distinto do habitual, realizando actividades inclusivas e favorecendo o empoderamento das persoas con diversidade funcional. A programación destas xornadas basease no fomento de valores de solidariedade, cooperación e responsabilidade individual e grupal.

Durante a estadía, organizáronse obradoiros e actividades de ocio, culturais e deportivas. As actividades que espertaron maior interese entre os participantes foron a visita turística a Pontevedra, o obradoiro de canoas, así como as variadas festas nocturnas organizadas no albergue e en locais de ocio da zona.