Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

O Club Náutico de Ribeira e AMBAR asinan un convenio

19 Xul. 2012 Enviado por administrador

O martes 17 de abril, no Club Náutico de Ribeira tivo lugar a presentación do convenio asinado pola Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional e o Club Náutico de Ribeira, para a continuación do programa Vela para Todos que AMBAR ven promovendo dende o 2007, e que se realiza de maneira constantemente nas instalacións de dito Club.

O obxecto do convenio é a realización de actividades náuticas accesibles para todas as persoas, apoiadas en aspectos formativos, recreativos, deportivos e culturais, e en relación co entorno náutico comarcal, contribuíndo a satisfacer de forma inclusiva as necesidades de recreo e deporte das persoas con diversidade funcional e da poboación en xeral, promovéndoas nun entorno aberto, como é o club náutico.

Na presentación estiveron presentes a presidenta de AMBAR, Milagros Rey, e o presidente do Club Náutico, José Antonio Ventoso, así como persoal técnico da entidade.