Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Ambar cumpriu as súas expectativas de solidariedade

O público abarrotou o auditorio de Ribeira para apoiar o festival benéfico enmarcado no trinta aniversario da asociación

Durante o festival

Milagros Rei, presidenta da asociación Ambar, non tiña palabras suficientes onte pola mañá para agradecer o éxito cultivado no festival solidario celebrado o venres pola noite. De momento aínda non poden dar unha cifra exacta do recadado, pero, aínda así, é clara: «Cumprimos as expectativas de solidariedade. Estivemos moi acompañados, moito». O auditorio de Santa Uxía, onde se celebrou o acto, estaba cheo. Durante toda a noite recibiron numerosas felicitacións por parte da xente. Certamente, o espectáculo gustou.

Inaugurou a velada o grupo de teatro de Ambar. Tamén eles presentaron ao gran Quico Cadaval. «Quico é un mestre, grande entre os nosos grandes, merecedor de todo o noso agradecemento», explica Milagros . A pesar de que na cita había postas moitas expectativas e non faltaron os nervios propios dunha estrea, a presidente da asociación organizadora asegura que «parte da nosa tranquilidade residía na presenza de Cadaval, que o levou estupendamente». Conquistou a nenos e tamén a maiores.

O grupo Vai de Roda de Rianxo foi o seguinte en subirse o escenario, ofrecendo unha intervención «espectacular» na que chamaron a atención os traxes tradicionais que portaban. Milagros Rei non pode deixar de catalogar a voz de Sonia Levedynski, outro das artistas invitadas, como «grandísima». A música de arpa na intervención de Roi Casal foi un prato forte. Entre outros.

Un listón moi alto

Quico Cadaval implicouse en todo momento co público, interaccionando tamén cos invitados e cos propios voluntarios de Ambar. Aínda que o festival se iniciou a iso das nove da noite, prologouse ata as once e media. «Cheo, completo», describe a presidenta. Pechou a cita Tonhito de Poi, coa súa filla Anita. Ambos cantando e, el, tocando tamén a guitarra. «Estabamos moi pendentes de que todo saíse ben e penso que así foi», valoran desde a organización.

«Non podo deixar de agradecer o apoio de todos os artistas, que incluso renunciaron a actos programados que xa tiñan, para estar con nós deste xeito solidario. Tampouco podo esquecer aos que contribuíron a difundir o festival. Foi todo tan apoiado que resulta emocionante», explica Milagros. O listón quedou moi alto, pero, visto o éxito colleitado o venres, non descartan afrontar a organización dunha próxima edición do festival para o ano.

Fonte: Patricia Blanco La Voz de Galicia. 10 de xuño de 2012.