Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

A solidariedade ten moitos rostros en Barbanza

Quico Cadaval, Tonhito de Poi e José Antonio Nóvoa

O festival de Ambar foi un éxito por varios motivos. Sobre todo dous. Primeiro, o esforzo organizativo da entidade. Segundo, a presenza de todos aqueles que quixeron apoiar á asociación: tanto os que se sentaron nas butacas, tras comprar o caderno conmemorativo dos trinta anos de vida da entidade, como todos e cada un dos que se subiron ao escenario. Eles son os rostros da solidariedade. O grupo de teatro municipal e o da asociación, Xosema Esperante, Teté García, Sonia Levedynski, Roi Casal, todos os compoñentes de Vai de Roda., Tonhito de Poi... Non deixaron de chegar os aplausos tras as diferentes intervencións, fiadas por Quico Cadaval. O cheo foi total, en canto a asistencia e en canto a satisfacción, segundo recoñeceu Milagros Rei, presidenta de Ambar. Foron horas de «ambiente cordial», de felicitacións. A mellor proba de que, nuns e outros, foi calando o traballo realizado pola asociación durante estas tres décadas. A toda esa traxectoria lle dedicou emotivas palabras unha das socias, Luisa Crugeiras.

Fonte: Patricia Blanco La Voz de Galicia. 11 de xuño de 2012.