Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

BASES DO XVIII CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL

Organizado pola Asociación AMBAR das persoas con Diversidade Funcional e o
Centro Sociocomunitario de Pobra do Caramiñal
PRIMEIRA. Obxecto do concurso
Fomentar a creatividade das persoas con diversidade funcional e facer difusión
das obras dos autores. O debuxo reflectirá o espírito do Nadal segundo a
interpretación libre e orixinal dos autores.
SEGUNDA. Participantes
Os participantes serán persoas con Diversidade Funcional, as persoas que non
sexan socias deberán acreditar tal condición. As persoas que teñan unha
relación laboral coa Asociación AMBAR non concursan.
TERCEIRA. Dinámica e soporte
A técnica da realización da obra é libre (lapis, acuarela, témpera, óleo, etc.).
O tamaño do debuxo será DIN A4, sen enmarcado ou montaxe de ningún tipo.
Presentarase un único debuxo por participante, acompañado dun lema ou frase
explicativa.
CUARTA. Inscrición e prazo de entrega dos debuxos
Xunto co orixinal deberá entregarse unha folla cos datos do autor (nome, data
de nacemento, enderezo e teléfono), título da obra, técnica empregada e, no
seu caso, acreditación da condición de persoa con diversidade funcional como
se indica no punto segundo.
Entregaranse nun sobre pechado e sen dobrar, na sede da Asociación sita en
R/Castelo 5, 15940 Pobra do Caramiñal, facendo referencia a “Concurso de
Debuxo de Nadal”.
O prazo de presentación remata o 13 de novembro de 2015.
QUINTA. Premios
Concederanse 3 premios:
1º Premio: 70 €, e publicación como postal de felicitación de Nadal.
2º Premio: 50 €
3º Premio: 40 €
SEXTA. Xurado
Os debuxos gañadores serán seleccionados por un xurado, composto por
representantes da Asociación AMBAR, do Centro Socio comunitario de Pobra do
Caramiña e do Concello de Pobra, que valorarán a obra.
O xurado actuará colexiadamente e tomará os acordos por maioría de votos, a
decisión do xurado será inapelable. O resultado farase público a partir do día
20 de novembro, a través da páxina web e facebook da Asociación; a entrega
de premios realizarase nun acto público do cal se informará previamente.
SÉTIMA. Aceptación das bases, dereitos de imaxe e protección de datos A
participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, incluso as
autorizacións necesarias de quen a ostente a representación legal dos
participantes. Os debuxos participantes quedarán en propiedade da Asociación
AMBAR, reservándose o dereito de publicación.
Os datos persoais facilitados polos concursantes serán incorporados a un
ficheiro de datos de carácter persoal cuxa finalidade é a identificación destes.
Os Datos incorporados ao ficheiro non serán cedidos, salvo nos casos previstos
na Lei. O responsable do ficheiro é Asociación AMBAR e a dirección onde o
interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición ante este é na rúa Castelao, nº5, 15940, Pobra do Caramiñal, de
todo o cal se informa en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1.999, do
13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
En Pobra do Caramiñal a 07 de outubro 2015.