Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Ambar promove accesibilidade universal co concello de Pobra

O pasado mércores 29 de xullo, celebrouse unha xuntanza de presentación da nova Xunta Directiva da Asociación AMBAR no Concello da Pobra do Caramiñal, e intercambiáronse ideas a propósito da súa labor de acción social.
Por ser AMBAR unha entidade nacida no concello de Pobra decidiuse que fora esta a primeira presentación institucional conxunta.
Na reunión acordouse crear unha Comisión de Accesibilidade que terá como obxectivo avaliar os actuais e os futuros proxectos de obras, para asegurar que os criterios de accesibilidade universal se cumpran. O proxecto de Rexeneración Ambiental da Xunqueira e o do Teatro Cine Elma serán dúas das actuacións que serán supervisadas por esta comisión antes de que se realice a entrega da obra.
O Goberno Municipal aprobará o antes posible unha Ordenanza Municipal, que recolla unha normativa de obrigado cumprimento para calquera actuación futura, xa sexan obras de acondicionamento urbanístico ou novas construcións, asegurando na medida do posible a accesibilidade universal.
O Goberno Municipal redactará un Plan de Accesibilidade que contemple toda a problemática actual en materia de accesibilidade e propoña solucións a curto prazo, como o establecemento de Itinerarios de Accesibilidade, para abordar a máis longo prazo solucións de maior calado.
Á reunión asistiron membros da directiva de AMBAR, entre eles o seu presidente José Antonio Nóvoa Romay, e por parte do Goberno Municipal o alcalde Xosé Lois Piñeiro e o concelleiro de Servizos Sociais Miguel Alamancos.