Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

AMBAR renova a súa Xunta Directiva

No transcurso da reunión extraordinaria desenvolvida o sábado 20 de xuño, e conforme ao establecido nos seus Estatutos, a Asemblea de AMBAR determinou o nomeamento dos cargos de: Presidente, Vicepresidentas, Secretaria, Tesoureiro e vocais, recaendo as responsabilidades nas seguintes persoas:

Presidente: José Antonio Nóvoa
Vicepresidenta 1ª: Milagres Rey
Vicepresidenta 2ª: Mª Luisa Queiruga
Secretaria: Alicia Romero
Tesoureiro: José Antonio Chouza
Vogais: Juan Manuel Sampedro, José Manuel de La Iglesia, Rafael Antonio Piñeiro, Anxo Antón Queiruga

Esta nova composición dos órganos de goberno de AMBAR responde “á vontade de achegar o máximo valor aos proxectos que vimos desenvolvendo, así como achegar unha visión renovada á situación das persoas con diversidade funcional e o seu papel na comunidade local no momento actual, levando melloras aos asociados e á sociedade no seu conxunto mediante a cooperación veciñal”, indicaron desde a nova directiva.

En palabras do novo Presidente, “o proxecto asumido pola nova Xunta Directiva, denominado `AMBAR 2.1, vivindo con alegría´, pretende o desenvolvemento de todos os proxectos e servizos en curso e os que proximamente se van a lanzar cun obxectivo claro: máis traballo en rede, máis información e soporte aos asociados, máis labor de comunicación, e un continuado apoio ao rol e ao desenvolvemento da persoa con diversidade, sen abandonar a representatividade institucional así como o labor pedagóxico e de lobby de opinión a favor da inclusión” como eixo da Asociación e punto de encontro para as persoas con diversidade funcional, as súas familias e os seus amigos.

As actividades xa mencionadas levarannos a materializar un proxecto apaixonante e con retorno real para toda a comunidade de Barbanza, particularmente, para as persoas con diversidade funcional.

Así mesmo, o novo Presidente dedicou unhas emotivas palabras á súa antecesora no cargo, Milagres Rey, de quen recoñeceu que “durante case 18 anos foi un exemplo de entrega a AMBAR e de compromiso co labor de mellorar as condicións de vida das persoas con diversidade da nosa comarca. Debemos estar agradecidos por tanta xenerosidade demostrada e polo seu desexo de continuar ao noso lado arrimando o ombreiro lealmente”.

A nova directiva coordinará a organización de actividades tradicionais que fan de AMBAR un referente do sector, así como o fomento da inclusión laboral a través do centro especial de emprego AMBAR Acción Social e o desenvolvemento da misión da Fundación Diversia.

O Presidente e todos os novos cargos electos da Asociación quixeron tamén facer un expreso recoñecemento a todos os membros da Asociación que desempeñaron estes cargos con anterioridade, polo seu intenso labor, con mención especial aos órganos saíntes e a todos os asociados de AMBAR, así como aos traballadores esmerados e rigorosos, aos voluntarios e aos colaboradores particulares e das institucións públicas polo seu continuado apoio durante 33 anos de traxectoria da entidade.