Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Manifesto 3 de Decembro de 2014, “Día internacional dás persoas con diversidade funcional “

MANIFESTO 3 DE DECEMBRO DE 2014, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Cidadáns con discapacidade e as súas familias esixen igualdade de dereitos e igualdade de oportunidades

En 2015, os cidadáns elixen novos representantes nos municipios.
Os Concellos deciden sobre moitas cuestións que nos afectan directamente na nosa vida cotiá.
Queremos explicar ós representantes municipais e ós candidatos a situación das persoas con discapacidade e as súas familias, e que saiban o que deben facer por nós cando sexan elixidos.
É unha simple esixencia: a igualdade de dereitos e a igualdade de oportunidades para todos.

Os dereitos das persoas con discapacidade están recoñecidos na Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade.
Queremos que a Convención se converta en realidade nos nosos pobos.
Só entón, as persoas con discapacidade tamén poderán gozar dos seus dereitos civís, os que a Constitución e as leis xerais recoñecen a todos os cidadáns.

Pedimos ós Concellos da Barbanza que teñan en conta os nosos dereitos en todas as ordenanzas municipais e que adopten medidas en 5 áreas importantes:

1. Asegurar que as persoas con discapacidade poidan exercer os dereitos da Convención da ONU
A Convención inclúe os dereitos de todas as persoas con discapacidade, pero ás veces resúltanos difícil exercer estes dereitos pola falta de apoios.
Necesitamos apoios adecuados e un trato equitativo para contribuír á sociedade.
Reclamamos
• a activa oposición institucional á discriminación en todos os ámbitos da vida.
• protexer as persoas con discapacidade dos recortes nas axudas.
• o respaldo firme á xestión dos servizos de apoio que as entidades de discapacidade proporcionan na comunidade
• o recoñecemento das necesidades de apoio das persoas con discapacidade e as súas familias nas áreas de:
-emprego, educación, acceso a servizos de saúde, protección social e accesibilidade.
2. Asegurar que as persoas con discapacidade poidan votar e participar na política
Ás persoas con discapacidade a miúdo non se lles permite votar ou non poderán votar nas mesmas condicións que os seus demais veciños.
Esiximos:
• que todas as persoas con discapacidade teñan dereito ó voto e poidan exercelo.
• que todos os electores teñan información accesible e poidan emitir o seu voto directo e secreto.
• que dispoñan controis e posibilidades para reclamar se a alguén cunha discapacidade non se lle permite votar en igualdade de condicións.

3. Asegurar que as persoas con discapacidade sexan iguais ante a lei
As persoas con discapacidade teñen dereito á igualdade ante a lei.
Particularmente as persoas con discapacidade intelectual queren tomar decisións por sí mesmas. Isto chámase "capacidade xurídica".
Non queren que outros tomen decisións por eles.
Reclamamos:
• pleno apoio para un maior e mellor apoio na toma de decisións e participación na vida comunitaria.

4. Asegurar que as persoas con discapacidade poidan vivir incluídas na comunidade
As persoas con discapacidade queren e deben poder elixir onde e con quen queren vivir.
A xente non vive internada en institucións e a maioría das persoas con discapacidade tampouco quere vivir en institucións.
O apoio á vida independente debe estar dispoñible alí onde vivan.
Esiximos
• que deixen de gastar fondos públicos en institucións residenciais segregadoras, para favorecer modos de vida inclusivos.
• apoio municipal para o intercambio de boas prácticas e mellores servizos de apoio na comunidade.
• controis municipais das condicións que exclúen da vida comunitaria ás persoas con discapacidade.

5. Asegurar que as persoas con discapacidade poidan acceder aos bens e servizos
As persoas con discapacidade necesitan igualdade de acceso a bens, servizos e información.
Esiximos
• o apoio e a aplicación de normativas e programas que dean igualdade de acceso a todas as persoas en todos os ámbitos da vida comunitaria.

Os cidadáns van entendendo que un cambio debe darse nas nosas mentes, e cando nos desfagamos dos prexuízos comezará a non ser necesario celebrar o Día Internacional das persoas con discapacidade porque habitaremos nunha comunidade inclusiva.

Asociación AMBAR
3 de Decembro de 2014