Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

I Xornada Fundación Diversia

DEREITOS, CALIDADE DE VIDA, E PROTECCIÓN XURÍDICA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

PROGRAMA
09.00 h. Rexistro inscritos.
09.30h. Inauguración: MILAGROS REY, Presidenta da Fundación e MANUEL RUIZ, Alcalde de Ribeira.

09.45 h. Prácticas de Interdependencia. Como realizar a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. JOSÉ ANTONIO NÓVOA. Promotor Social. Experto do Instituto Diversidade e Inclusión en Vida Independente.

10.15 h. Realidade actual dos procesos de tutela, curadoría e representación. Adaptación á Convención da ONU sobre dereitos das persoas con discapacidade e sistemas de apoio e capacidade xurídica. EVA REGUEIRO. Fiscal da Fiscalía Provincial de Ourense na sección de persoas con discapacidade.

11.30 h. Formulacións legais relacionadas coa testamentaria, herdanza e patrimonio protexido. Previsións voluntarias para a protección da persoa con discapacidade. GONZALO FREIRE. Notario. Membro da Fundación AEQUITAS.

12.30 h. Vivir incluídos na comunidade. Experiencia con persoas con diversidade funcional intelectual con opcións iguais ás demais. LAURA FERNANDEZ. Experta da Fundación Síndrome de Down do País Vasco na prestación de apoios a Persoas con Discapacidade Intelectual.

16.30 h. Mesa-coloquio cos relatores da mañá. Experiencias, dúbidas, inquietudes e posibles solucións prácticas. Modera ROSANA OLVEIRA, Secretaria da Fundación Diversia.

17.45 h. Peche da Xornada.

Día e lugar de celebración:

9 de agosto de 2014
Salón de actos
do Instituto Social da Mariña
Pza. dos Mariñeiros, 8 -15960 Ribeira

SE DESEXA ASISTIR, E REALIZAR A SÚA RESERVA DE PRAZA E CERTIFICADO DE ASISTENCIA, PODERÁ FACELO A TRAVÉS DOS MEDIOS SEGUINTES:
E-MAIL: correo@fundaciondiversia.org
TELÉFONO: 981 875 475

ENTRADA LIBRE, AFORO LIMITADO
DATA LÍMITE INSCRICIÓNS 6-8-2014