Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

A Comunidade de Montes de Baroña e AMBAR asinan un convenio

O venres 21 de marzo, coincidindo co día da árbore a Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional e a Comunidade de Montes de Baroña, asinaron un convenio de colaboración na Sede da Comunidade de Montes.

O obxecto do mesmo é a realización do proxecto “VIVAMOS O NOSO MONTE”, destinado a realización de actividades de desenvolvemento forestal nun contexto inclusivo, para todas as persoas, apoiado en aspectos formativos, recreativos, de conciencia cívica e servicio á comunidade, en relación co entorno forestal, que contribúa a satisfacer necesidades específicas de desenvolvemento sostible dos montes e de servicio á comunidade das persoas con diversidade funcional e da poboación en xeral na área de Baroña-Porto do Son.

O proxecto pretende favorecer a participación das persoas con diversidade funcional intelectual nas actividades comunitarias, concretamente no desenvolvemento rural e do medio ambiente dos Montes de Baroña.

Desenvolverase en catro fases:
- A primeira de formación, na que un técnico da comunidade de montes formará ó grupo de usuarios do Centro de Recursos de AMBAR sobre a importancia da repoboación forestal, e o coñecemento de técnicas de adecuadas para coidado e transplante de árbores.
- A segunda será a fase de recollida de plántulas nos montes de Baroña realizada por un grupo de usuarios .
- Durante a terceira fase que se desenrolará no Centro de Recursos e na que participará un grupo máis amplo de usuarios, levaranse a cabo as labores de coidado das plántulas ata que estean nas condicións óptimas para realizar a repoboación.
- E a última fase será de varias xornadas nas que en compañía de persoal da mancomunidade se realizará a repoboación da área forestal indicada pola comunidade de montes.

Na prensentación estiveron presentes a presidenta de AMBAR, Milagros Rey, e a técnico Alicia Romero, xunto co presidente da Comunidade de Montes, Ovidio Queiruga, acompañado da vicepresidenta María José Cernadas.