Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

AMBAR REALIZA O SEU PRIMEIRO CALENDARIO SOLIDARIO

A Asociación AMBAR presentou a principios de mes o seu primeiro calendario solidario para 2014, protagonizado polos usuarios do centro ocupacional e de día e a orquesta Panorama, recreando os pasos da orquesta dende o inicio dunha actuación, ata o fin.

Pódese adquirir chamando por teléfono ó 981 832 905 ou contactando no mail: correo@asociacionambar.org, nos seguintes formatos e prezos:

- Calendario de parede: 5 €
- Calendario de sobremesa: 2 €

A recadación da venda dos calendarios será destinada ós programas e servizos que a entidade ten en marcha.

As imaxes do calendario son obra do fotógrafo Pichero, que traballou de forma altruísta. Da impresión encargouse a empresa noiesa Gutemberg e a financiación foi por conta da empresa Serdeco Contratas.

AMBAR agradece a colaboración de todos os que fixeron posible a realización do almanaque, e invita a todos a desfrutar das imaxes e frases que acompañan cada mes do 2014.