Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Marcha pola Diversidade

MANIFESTO 3 DE DECEMBRO DE 2013, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

AMBAR é unha asociación “de e para” as persoas con diversidade funcional que avoga e promove os intereses de máis de mil persoas que viven na comarca do Barbanza, dando e recibindo solidariedade dos cidadáns, comprometida coa comunidade e facendo conciencia sobre os asuntos que máis preocupan.

A nosa visión é a dunha sociedade para todas as persoas, onde todas as diversidades son un valor, libre de discriminación e estereotipos e fundada sobre a solidariedade e a cooperación entre xeracións, onde todo o mundo está facultado para xogar unha parte activa na comunidade e gozar de oportunidades e dereitos iguais en todas as etapas da vida sen barreiras de idade, sexo, carreira ou orixe étnico, relixión ou crenza, estado social ou económico, orientación sexual, condición física ou mental, ou necesidade de axuda.

Lograr unha comunidade para todas as persoas require compromiso e responsabilidade colectiva para imaxinar e crear novas maneiras de organizar e vivir nos nosos pobos, asegurando recursos e prácticas máis xustas e máis sostibles para que todas as persoas poidan estar, participar e desenvolverse, e poder superar a crise económica sen deixar a ninguén no camiño, sexa cal sexa a súa diversidade.

Facemos un chamamento ós responsables políticos e dirixentes sociais, ós medios de comunicación, ós empresarios e comerciantes, ós artistas e axentes culturais, ós estudantes, ós traballadores activos, parados e xubilados e ás familias en xeral, para que se involucren de forma solidaria na construción dunha comunidade inclusiva participando de forma activa nas tarefas de:

1- Promover a igualdade de oportunidades e a realización dos dereitos humanos para todos.

2- Garantir a suficiencia, a equidade e a sostenibilidade dos sistemas de protección social e de saúde.

3- Asegurar o acceso universal a todos os bens e servizos, en particular ó entorno construído, comunicacións, mobilidade e servizos públicos.

4- Apoiar o dereito de toda persoa a crecer, desenvolverse e envellecer participando activamente dentro da comunidade.

5- Favorecer as actividades económicas e laborais basadas na ética do coidado e a responsabilidade polos demais.

6- Implicar activamente ás persoas con diversidade en todos os asuntos e procesos que lles atanguen.

7- Fomentar o respecto dos dereitos e a dignidade das persoas con diversidade funcional.

Asociación AMBAR
3 decembro 2013