Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Bases do XVI concurso de debuxos de nadal

BASES DO XVI CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL

Organizado pola Asociación AMBAR das persoas con Diverdade Funcional e
o Centro Sociocomunitario de Pobra do Caramiñal

PRIMEIRA. Obxeto do concurso
Fomentar a creatividade das persoas con diversidade funcional e facer difusión das obras dos autores. O debuxo reflectirá o espírito do Nadal segundo a interpretación libre e orixinal dos autores.
SEGUNDA. Participantes
Os participantes serán persoas con Diversidade Funcional, as persoas que non sexan socias deberán acreditar tal condición. As persoas que teñan unha relación laboral coa Asociación AMBAR non concursan.
TERCEIRA. Dinámica e soporte
A técnica da realización da obra é libre (lapis, acuarela, témpera, óleo, etc). O tamaño do debuxo será DIN A4, sin enmarcado ou montaxe de ningún tipo. Presentaráse un único debuxo por participante, acompañado dun lema ou frase explicativa.
CUARTA. Inscrición e prazo de entrega dos debuxos
Xunto co orixinal deberá entregarse unha folla cos datos do autor (nome, data de nacemento, enderezo e teléfono), título da obra, técnica empregada e, no seu caso, acreditación da condición de persoa con diversidade funcional como se indica no punto segundo.
Entregaranse nun sobre pechado e sen dobrar, na sede da Asociación sita en r/Castelo 5, 15940 Pobra do Caramiñal, facendo referencia a “Concurso de Debuxo de Nadal”.
O prazo de presentación remata o 15 de novembro de 2013.
QUINTA. Premios
Concederanse 3 premios:
 1º Premio: 70 €, e publicación como postal de felicitación de Nadal.
 2º Premio: 50 €
 3º Premio: 40 €
SEXTA. Xurado
Os debuxos gañadores serán seleccionados por un xurado, composto por representantes da Asociación AMBAR, do Centro Sociocomunitario de Pobra do Caramiñal e do Concello de Pobra, que valorarán a obra.
O xurado actuará colexiadamente e tomará os acordos por maioría de votos, a decisión do xurado será inapelable. O resultado farase público a partir do día 15 de novembro, a través da páxina web e facebook da Asociación; a entrega de premios realizarase nun acto público do cal se informará previamente.
SÉTIMA. Aceptación das bases, dereitos de imaxe e protección de datos
A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, incluso as autorizacións necesarias de quen a ostente a representación legal dos participantes. Os debuxos participantes quedarán en propiedade da Asociación AMBAR, reservándose o dereito de publicación.
Os datos persoais facilitados polos concursantes serán incorporados a un ficheiro de datos de carácter persoal cuxa finalidade é a identificación destes. Os Datos incorporados ao ficheiro non serán cedidos, salvo nos casos previstos na Lei. O responsable do ficheiro é Asociación AMBAR e a dirección onde o interesado poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante este é na rúa Castelao, nº5, 15940, Pobra do Caramiñal, de todo o cal se informa en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1.999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.