Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

o I torneo fútbol sala prebenxamín. “deporte para todos”,

O I TORNEO FÚTBOL SALA PREBENXAMÍN. “DEPORTE PARA TODOS”, que se celebrou o pasado sábado 6 de xullo, no Centro de Recursos da Barbanza da Asociación AMBAR das persoas con diversidade con motivo da inauguración das instalacións deportivas do centro resultou un éxito rotundo a pesar da intensa calor .

O torneo, que se extendeu durante todo o día contou coa participación duns 100 rapaces de entre 7 e 8 anos, pertencentes a distintos equipos da comarca do Barbanza. Dende as dez da mañá o Centro de Recursos foi un fervedeiro de xente animado polos “prebenxamíns” da comarca que non perderon a enerxía en todo o día, contaxiando o seu entusiasmo e alegría durante toda a competición.

Na entrega de trofeos os Directivos de AMBAR, Milagros Rey, Toño Nóvoa e Anxo Queiruga estiveron acompañados por autoridades locais dos concellos da Pobra do Caramiñal e Riveira, Isaac Maceiras e Balbina Lojo, alcalde e concelleira de Servizos Sociais da Pobra e Juan Luís Martínez Concelleiro de Deportes do Concello de Riveira. Ademáis tamén estivo presente o subcampeón de España de Maratón, Elías Domínguez, representando a firma New Balance quen asagallou a tódolos rapaces cun recordo do evento.

O palmarés resultante deste primeiro torneo de fútbol sala foi o seguinte:
1º Atlético Riveira
2º S.D. Abanqueiro
3º Puebla C.F.
4º Crocha Balompé
5º Xuño S.D.
6º Atlético Oleiros
7º Carreira C.F.
8º S.H. Palmeira
9º C.D. Unión

AMBAR agradece a colaboración para este evento do Concello de Riveira, Joypa, Excavaciones Nima, Instalaciones Boiresa, Baiuca, Serdeco, Sanyg Artes Gráficas, New Balance, Imaxson.