Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Inauguración da exposición fotográfica "VIVINDO NA COMUNIDADE"

Cartel da exposición "Vivindo na Comunidade"

Hoxe xoves 16 de Maio ás 19.00h. inaugurarase, na Casa de Cultura Ramón Martínez López de Boiro, a exposición de fotografía “Vivindo na Comunidade”.

Esta mostra de carácter itinerante, organizada dende a Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, amosa as fotografías seleccionadas e premiadas no concurso fotográfico “Vivindo na Comunidade”, sobre o dereito a vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade, realizado pola entidade no ano 2012.

O principal obxetivo da mesma é difundir e fortalecer a percepción de cómo as persoas con diversidade funcional viven e cómo están a participar dentro das súas comunidades, barrios, pobos, aldeas, e nos mesmos contextos que os demais cidadáns. Polo tanto, a través da imaxes comprenderemos mellor os retos e os éxitos que atopan estas persoas ao longo do territorio nacional.

Durante os vindeiros meses a exposición percorrerá os Concellos de Rianxo, Pobra e Ribeira. Concretamente, poderase visitar no Auditorio de Rianxo durante o mes de xuño, na Praza de Abastos de Pobra en xullo, e finalmente no Hospital da Barbanza en agosto.