Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Inicio do "Curso de Nivelación Cultural"

O luns 13 de Maio, no Centro de Recursos da Barbanza da Asociación AMBAR dou comenzo o curso “NIVELACIÓN CULTURAL Y MECANOGRAFÍA ED.1/13” ,o cal se extenderá ata o próximo 8 de xullo e contará cun total de 140 horas lectivas.

O curso está dirixido a persoas con diversidade funcional e será impartido por tres profesionais titulados relacionados co ámbito de actuación e cos contidos a desenvolver.

O principal obxetivo do mesmo é dotar aos asistentes das nocións culturais básicas para o acceso ao mundo laboral. O currículo contemplará diversos ámbitos da experiencia: contidos lingüísticos, matemáticos, habilidades prelaborais, mecanografía e familiarización coas tecnoloxías da información e comunicación. Contará ademais con clases teórico-prácticas e saídas pedagóxicas útiles para o achegamento do alumnado á realidade laboral actual, favorecendo deste xeito, a aprendizaxe significativa e funcional.

A realización do curso levarase a cabo coa colaboración de FSC-INSERTA e a asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional. Esta acción formativa está cofinanciada pola Fundación Once e o Fondo Social Europeo.