Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

O grupo de teatro AMBAR escenificou aspectos positivos e negativos na vida de diferentes mulleres

Compoñentes do grupo de teatro AMBAR : Ana María, Noelia, Carmen Pérez, Carmen Pazos, Manuel

O grupo de teatro de AMBAR, baixo a dirección das monitoras Mari Carmen González e Zeltia Iglesias, escenificou a obra "Amoleceres do Barbanza" no salón de actos da Casa do Mar de Riveira. A representación, que tivo lugar durante a presentación da asociaciónMulleres en Acción, centrouse na conversación de catro amigas nunha cafetaría, cun camareiro como espectador de excepción, falando dos aspectos negativos e positivos na súa vida laboral, logrando que o público pasase un bo anaco.
As catro mulleres están empregadas nunha conservera, no campo, como secretaria do alcalde e no centro de recursos de Ámbar. A primeira quéixase do rápido que pasan as latas nas máquinas que nin as ve e pola presión do encargado, mentres que a segunda e a terceira aseguran que o seu traballo lles provoca dor de costas e que unha vez regresan aos seus fogares teñen que arranxalo todo. A cuarta protesta porque ten que facer recados e que se sufoca. É entón cando entra en acción o camareiro para burlarse delas e dicilos que se se queixan tanto "é mellor que quededes na casa"
A raíz desas palabras, as catro amigas falan con ironía das cousas boas que lles reportan os seus traballos. A muller do campo agradece o "moreno brasileiro" que pode lucir todo o ano, a empregada na conservera presume de ter máis reflexos queSpiderman, máis forza que Superman e que xa quixese Fernando Alonso ter a súa velocidade. A secretaria do alcalde asegura que polo seu labor viaxa máis, acode a ceas e sae na televisión, e a oficinista de Ámbar presume de traballar ao seu ritmo, de poder facer moitos cursos e, contornándose con moito estilo, que ás veces é artista de teatro.