Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Monolito conmemorativo do 30 aniversario da entidade en colaboración co CONCELLO DA POBRA

Monolito conmemorativo do 30 aniversario

Este monolito, consistente nun prisma de granito cuxa base se asinta nun cadrado de 50 cm de lado e con 250 cm de altura, resulta un fito de pedra que sinala o tempo do 30 aniversario de AMBAR. Representa dous conceptos, o do piar fundamental sobre o que se edifica a comunidade solidaria, baseada no compromiso e a xenerosidade; e o da espiral da vida e a dignidade, como unha hélice marcada sobre a pedra, que se desenvolve dende a nada, elevándose, vivificando e honrando á comunidade. Ambos os dous suman un modo de ser e estar pola xente e para a xente, anunciando unha promesa de futuro: onde hai xente boa hai futuro.