Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Entroido 2013

Entroido 2013

Luns 11 de febreiro celebramos no Centro Ocupacional e Centro de Día da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional unha gran festa de entroido na que non faltou a música, o baile e os doces típicos.

Á primeira hora da mañá os fogóns da cociña do Centro de Recursos comezaron a funcionar para preparar as ricas rosquillas de carnaval, mentres nos talleres, cada grupo se vestía e maquillaba para a ocasión.

Ó redor das 12, amigos e familiares achegáronse ó Centro de Recursos da Barbanza para asistir ó festival ambientado nun mundo de chucherías e presentado por unha Bolsa de Caramelos de Anís (Mª Carmen González) e onde Hansel e Gretel abriron un espectacular desfile de doces coas chocolatinas Kit Kat, os Xeados de sabores, os Lacasitos, os Bastóns de Caramelo, o surtido cuétara ao completo, e unhas ricas piruletas de corazón. O público e os participantes tamén puideron degustar unha pequena mostras destes doces así como as típicas rosquillas.

Tralo desfile, o xurado coa axuda da votación do público proclamou os seguintes premios:

• Mellor disfraz: Surtido Galletas Cuétara
• Mellor maquillaxe: Bastóns de Caramelo
• Mellor decorado: Kit Kat
• Mellor posta en escena: Piruletas de Corazón
• Rei do antroido: Benigno Carou (do grupo Lacasitos)
• Raíña do antroido: Carmen Pazos (do grupo Os Xeados)

A festa rematou cun baile no que participaron os usuarios do centro, o persoal e os invitados (familiares e amigos), mostrando estes últimos as súas felicitacións polo traballo realizado