Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Unha obra de AMBAR consegue o primeiro premio do concurso fotgráfico da Deputación da Coruña

Unha obra de AMBAR consegue o primeiro premio do concurso fotgráfico da Deputación da Coruña

Baixo o seudónimo “Marea de gente,” o Taller de Arte Insólita da Asociación AMBAR presentou a obra titulada “Ámame en condiciones”, que foi recoñocida polo xurado co Primeiro premio deste certamen. Esta fotografía resultou a máis destacada pola creatividade, orixinalidade, calidade fotográfica e contribución a favor da defensa dos valores de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e loita contra a violencia de xénero.

Con esta obra dende AMBAR preténdese fomentar as actitudes positivas de bo trato entre mulleres e homes, que reflicten en relacións sas, baseadas na tolerancia, no respecto e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, xerando a través da fotografía un proceso de sensibilización, de impacto social e educativo

O certamen de fotografía “Revélate e únete ao bo trato”, convocado pola Deputación da Coruña co obxecto de promover unha actitude reflexiva, participativa e activa da sociedade galega sobre a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, é unha iniciativa en prol de defensa dos valores de igualdade, a convivencia positiva entre sexos, o fomento de actitudes positivas de bo trato entre mulleres e homes baseadas, nas relacións sas, na tolerancia, e no respecto como forma de loitar contra a violencia de xénero, no día de hoxe aínda un reto real na nosa sociedade.

ENLACE Á FOTOGRAFÍA PREMIADA:

http://www.dicoruna.es/servizos-sociais/gl/premios/concurso-fotografia/p...