Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Inicio do período de prácticas profesionais do alumnado do Curso de Atención Sociosanitaria

Antonio Fernández Angueira, Angel Rodríguez Conde e Milagros Rey Pérez durante a sinatura do convenio

O próximo día 14 de novembro o alumnado do Curso de Certificado Profesional de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO que actualmente está impartindo a Asociación AMBAR no Centro de Recursos da Barbanza, inicia o período de prácticas profesionais, polo que durantes as dúas últimas semanas se estiveron pechando os convenios coas distintas empresas e concellos que acollerán ós alumnos en prácticas. Os destinos escollidos son os servicios sociais dos Concellos da Pobra do Caramiñal e Padrón e as empresas de Axuda a Domicilio Amarar, Nacasa e Meular; as/os alumnos participarán no traballo diario dun/ha auxiliar a domicilio ata cumplimentar 120 horas.

O certificado de profesionalidade que imparte AMBAR está enmarcado dentro das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas (AFD), financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.

Esta mesma mañá asinouse o convenio co Concello de Padrón, na Casa Consistorial, en presenza de D. Antonio Fernández Angueira, alcalde, D. Angel Rodríguez Conde, concelleiro de Servicios Sociais, e Dna. Milagros Rey Pérez, presidenta de AMBAR.