Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Gran éxito da Gala do 30 aniversario

Durante o acto
Jose Triñanes

Os barbanzáns volveron demostrar o domingo o seu carácter solidario. Duascentas persoas acudiron á chamada que Ambar realizou co gallo do seu trinta aniversario. A conselleira Beatriz Mato, o senador José Luis Torres Colomer e os alcaldes Isaac Maceiras, Manuel Ruiz, Juan José Dieste, Adolfo Muiños e Luis Oujo non faltaron á cita, que serviu de escenario para a estrea de Carlos López Crespo como deputado, pois acudiu en representación do ente provincial. O locutor de Radio Boiro Jose Triñanes foi o encargado de conducir unha gala na que o grupo folclórico Tahúme puxo a nota musical.

Recoñecementos

Houbo recoñecementos para os políticos, pero tamén para os expresidentes, cuxa labor foi fundamental ao longo destas tres décadas. No Torre Xunqueiras reuníronse a actual dirixente, Milagros Rey , e os seus predecesores, Maximino Rodríguez e José Manuel Ouviña. Tamén estiveron familiares do falecido Manuel Parada.

Gran apoio social

Tonhito de Poi e Quico Cadaval

Foron moitos os colectivos que quixeron estar á beira da gran familia de Ambar nun día tan especial. Alí estaba a presidenta de Amas de Casa da Pobra, María del Carmen Lijó; a responsable de Renacer, María González; a coordinadora de Cruz Vermella de Boiro, Teresa Romero ; e os directores do centro de alzhéimer de Ribeira, Pablo Miras; da residencia da cidade, Asunción Calvo; do centro social da Pobra, Ricardo Lago; e do Centro de Atención á Discapacidade, Julia Rial. Tampouco faltaron á cita Anxo Queiruga, que acudiu en representación de Cogami, e Ramón Sestayo, pola Federación Galega de Persoas con Discapacidade. Os actores Toñito de Poi e Quico Cadaval tamén se sumaron á festa.

Persoas asistentes ao acto
Persoas asistentes ao acto
Persoas asistentes ao acto
Persoas asistentes ao acto

AUTOR: M. X. Blanco - FOTOS: Simón Balvís - FONTE: La Voz de Galicia.