Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

“O Efecto Groenlandia” e “A Sombra da Marea”

Cartel do Efecto Groenlandia

Dúas accións de arte e conciencia en Riveira o 27 de Xullo de 2012.

Unha das máis devastadoras consecuencias do quecemento global é o aumento continuado do nivel do mar. O incremento de temperatura que está a padecer o planeta nas últimas décadas por causa da acumulación de certos gases, ten como consecuencia a elevación dos océanos. Porén, este proceso resulta prácticamente imperceptibel ao ollo humano, xa que a taxa de elevación é de á penas 2 milímetros por año.

O escultor Gonzalo Sarasquete, a asociación de personas con diversidade funcional AMBAR e o biólogo Ignacio Munilla confabuláronse para poñer no foco esa realidade inadvertida mediante dúas accións de arte e conciencia que terán lugar ás 12:00 e ás 12:30 horas do dia 27 de Xullo en Santa Uxia de Riveira (A Coruña): "O Efecto Groenlandia" e "A Sombra Da Marea"

A instalación "O Efecto Grenlandia" ficará instalada durante o verán na parede da Oficina do Celador de Obras do Porto de Ribeira. A montaxe do escultor Gonzalo Sarasquete consta dunha escala de mareas e utiliza elementos escultóricos inspirados na fauna de invertebrados da banda intermareal. A súa finalidade é marcar onde chegaría a marea se os océanos subiran 7 metros. ¿E por qué 7 metros? Simplementes porque esa é a elevación prevista se o xeo de Grenlandia se fundise. ¿E por qué Grenlandia? Porque as previsións de canto pode aumentar o nivel dos océanos no futuro dependen do comportamento do xeo de Grenlandia. Xa que logo, Grenlandia representa o tipo de incertidumes que ten por diante a humanidade en relación aos efectos do quecemento do planeta.

Coa intervención-happening "A Sombra Da Marea" a asociación de personas con diversidade funcional AMBAR quere ir un paso máis aló. Eles téñeno claro: o mar do futuro vainos deixar unha liña de marea marcada polo refugallo que a humanidade bota aos océanos. "A Sombra Da Marea" terá lugar na praza Otero Goyanes, no centro da vila.

"O Efecto Grenlandia". Escultura-instalación. Oficina do Celador de Obras do Porto, Avenida do Malecón, Santa Uxía de Riveira, A Coruña (42° 33’ 16,15’’ N; 08° 59’ 23,11’’ O). 27 de Xullo de 2012, 12:00 horas.

“A Sombra Da Marea”. Intervencion-happening. Praza Otero Goyanes. Santa Uxía de Riveira, A Coruña (42° 33’ 16,43’’ N; 08° 59’ 31,58’’ O). 27 de Xullo de 2012, 12:30 horas.

Contactos

Agradecementos

Gostaríanos salientar e agradecer a colaboración de: Concello de Riveira e Portos de Galicia.