Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Eliminación parcial de barreiras arquitectónicas urbanísticas Concello de Riveira

20 Xul. 2012 Enviado por administrador

Agosto -Setembro 2004

O Concello de Riveira trata de acometer unha acción de eliminación de barreiras arquitectónicas consistente na realización de obras de reforma de elementos arquitectónicos urbanísticos. Proxecto, presuposto e prazo de execución, entre outros termos, son descoñecidos para nós.

Posto que as Persoas con Mobilidade Reducida (PMR) son os principais beneficiarios da accesibilidade do entorno, estamos interesados nesta acción municipal e imos realizar contribucións para que ditas obras se realicen con criterios que se axusten ás nosas demandas de accesibilidade. No colectivo de PMR inclúense persoas con discapacidade, persoas con problemas temporais de mobilidade, anciáns, mulleres embarazadas, portadores de bebés, e portadores de carros diversos.

Sabemos que para dotar de accesibilidade ao entorno construído de Riveira son necesarios dous instrumentos que aborden esta cuestión de forma integral: un Plan de Accesibilidade e unha Ordenanza Municipal de Accesibilidade. Tamén é preciso dispor de financiamento suficiente para efectuar as obras de reforma e eliminación de barreiras necesarias; isto é evitable en toda obra nova proxectada baixo criterios de deseño para todos.

Así as cousas, neste preciso momento non imos a tratar sobre accesibilidade na edificación, nin no transporte, nin na comunicación, tan só pretendemos que con estas obras se habiliten uns itinerarios con posibilidades reais para a circulación efectiva de PMR (FASE 1), permanecendo na nosa vontade e interese o introducir na axenda municipal a accesibilidade de Riveira de forma integral, por ser algo necesario e beneficioso para todos os veciños/as, no só para as PMR.

Identificaranse os elementos de intervención seguindo os criterios adoptados por este grupo de traballo, e que están condicionados polo Código de Accesibilidade de Galicia, a acción restrinxida a intervencións sobre as barreiras arquitectónicas urbanísticas, as instruccións do Concello de Riveira sobre dispoñibilidade orzamentaria, a valoración económica das intervencións, e a temporalización de execución das actuacións.