Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada

loitando contra as barreras

 

Guía para o Asistente Persoal

VELA PARA TODOS ACADA O SEGUNDO POSTO NA II REGATA DE VELA ADAPTADA DA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Os días 18, 19 e 20 de xuño, disputouse na bahía Coruñesa a segunda Regata de Vela Adaptada da Fundación María José Jove, a única competición destas características que se celebra en Galicia. A regata, na que participaron unha vintena de regatistas procedentes de distintos puntos da comunidade galega estivo reservada a embarcacións da clase Yatlant 460, que foron aportadas pola propia institución.

A Asociación AMBAR participou neste evento co programa Vela para Todos, representado polo seu regatista máis destacado, Serafín Cadaval.

A vencedora da regata, Sonia García Erías, do equipo da Fundación María José Jove recibiu o trofeo de mans da conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato. O cadro de gañadores complétano Serafín Cadaval Santos, do Programa Vela para Todos da Asociación AMBAR, que ocupou o segundo posto; Jesús Pombo Gómez, da Fundación María José Jove, que se alzou no terceiro lugar; e Manuel Brage Vila, do Real Clube Náutico da Coruña, que se fixo co cuarto lugar.

A final da competición decidiuse ó mellor de cuatro probas e foi moi disputada e igualada, pois o primeiro puesto, polo que competía o noso regatista Serafín Cadaval, non se decidiu ata a última manga para romper un triple empate de sete puntos no último pase de boia.


 

INAUGURACIÓN DO CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO

AMBAR inaugurou o 14 de xuño o curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Trátase dun curso de 625 horas enmarcado dentro das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a Persoas Desempregadas (AFD), financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.

 AMBAR traballa para mellorar as condicións de vida das persoas con diversidade funcional. Na actualidade a realidade social da nosa comarca é que o aumento de porcentaxe de persoas con diversidade funcional, sexa por cuestións traumáticas, conxénitas ou adquirida coa idade, é cada vez maior. Isto, xunto con outros factores propios dos estilos de vida actuais, fan que a poboación potencial usuaria do Servizo de axuda a Domicilio nos próximos anos precisen dunha resposta efectiva e de calidade, para o que se precisa dunha formación adecuada e da achega do “punto de vista do usuario”, algo que AMBAR propón e que considera moi importante.

 Por iso, este curso ofrecerase dende unha visión completamente positiva e humana, máis aló do simple asistencialismo. Pretendendo potenciar a participación da persoa en situación de dependencia, do ancián ou anciá, baseándose precisamente nas características propias e inherentes a cada individuo. Partimos dun obxectivo claro en canto á inclusión das persoas no seu medio, normalizando as situacións para facer a vida tan normal como sexa posible, fomentando e afianzando aquelas capacidades que posúe a persoa e ofrecendo unha resposta concreta ante situacións de necesidade ou déficit.

 AMBAR espera que  esta acción formativa  redunde en beneficio dos alumnos, (traballadores e traballadoras) e por conseguinte na súa competencia profesional á hora de prestar os apoios pertinentes ás persoas dependentes que precisen dos seus servicios, fomentando a posibilidade de que poidan continuar vivindo no seu fogar coa suficiente autonomía mentres sexa posible e conveniente.

 O curso consta dos seguintes módulos formativos que se impartirán dende o 14 de xuño ó 30 de novembro de 2010:

  • Hixiene e atención sanitaria domiciliaria
  • Atención e apoio psicosocial domiciliario
  • Apoio domiciliario e alimentación familiar
  • Prácticas profesionais non laborais

Ademáis impartiranse dous módulos de formación transversal: Inserción laboral: técnicas de busca de emprego e Fomación para a igualdade.

 

No acto de inauguración  estiveron presentes  Milagros Rey, presidenta de AMBAR

e as responsables da organización e xestión do curso Rosana Olveira e Alicia Romero.


 

A CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR, BEATRIZ MATO, VISITA AS INSTALACIÓNS DE AMBAR

O venres 4 de xuño AMBAR acolleu a vistita institucional da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, quen acudeu ata as instalacións do Centro de Recursos da Barbanza, no lugar de Frións en Ribeira. A conselleira, chegou acompañada da Directora Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, Coro Piñeiro, do Portavoz parlamentario do Grupo popular, Manuel Ruiz, e do Alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer.


Á súa chegada ás instalacións foi recibida pola presidenta da entidade, Milagros Rey e por varios membros da Xunta Directiva, así como traballadores e usuarios do centro, que agasallaron a conselleira cun ramo de flores e un exemplar da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, encadernado no propio taller de encadernación que funciona neste centro de recursos.


Durante o percorrido polas distintas dependencias e talleres nos que a diario traballan as persoas que acoden ó centro, tanto Milagros como os demáis membros da Xunta Directiva, transladaron á Conselleira e o resto dos seus acompañantes diversas explicacións sobre o funcionamento dos servicios que AMBAR proporciona na comunidade da Barbanza e das posibles melloras  a realizar de forma máis inmediata para favorecer a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Momento no que Manuel Vilas entrega un exemplar da convención a Conselleira.

 
Durante o percorrido no exterior das instalacións.


A conselleira acompañou a un grupo de usuarias nas súas tarefas no invernadoiro


 

VISITA DO PARLAMENTARIO MANOLO RUIZ RIVAS

O pasado 31 de marzo o portavoz do grupo parlamentario popular, Manuel Ruiz Rivas, visitou as instalacións do Centro de Recursos de AMBAR, atendendo á invitación da Xunta Directiva da entidade, xa que non puido estar presente na inauguración oficial das instalacións.

Na visita, na que estivo acompañado pola presidenta da asociación Milagros Rey e por outros membros da directiva e do equipo técnico, transmitíronselle as demandas fundamentais da entidade tales como a financiación das prazas para o Centro de Día e o remate das obras dun dos módulos da segunda fase que resta por construír no Centro de Recursos.

Así mesmo, aproveitouse a ocasión para comunicar o inicio da xornada de tarde no Servicio de Centro Ocupacional, poñendo en funcionamento o servicio de comedor e novos talleres para os usuarios de AMBAR.

Manolo Ruiz amosou a súa total colaboración, poñéndose a disposición da entidade para que esta poida facer fronte ás súas necesidades na procura de mellor calidade de vida na comunidade.


 

CONVOCADAS AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2010-2011

O Ministerio de Educación acaba de publicar a Orde EDU/1461/2010, do 20 de maio, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2010-2011

Contámosvos os principais requisitos e pasos a seguir:

Destinatarios:
Alumnos escolarizados en centros educativos españois con necesidade específica de apoio educativo
Requisitos Xerais:
Acreditar a necesidade específica de apoio educativo. Non superar un determinado nivel de renda e patrimonio.
Dotación:
A contía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante (compensación, residencia, material didáctico, desprazamento, etc.).

Para efectuar a solicitude, primeiro tedes que rexistrarvos na Web do Ministerio:

Entrade no seguinte link:
http://www.educacion.es/portada.html

No portal, a man esquerda, picar na pestana BECAS Y AYUDAS.

Na nova páxina, no menú da esquerda, BECAS Y AYUDAS PARA ESTUDIAR, da igual escoller PRIMARIA, SECUNDARIA ou BACHILLERATO.
Na seguinte páxina, picar en BECAS Y AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO

Tamén podedes probar a entrar directamente dende o link:
http://www.educacion.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html)

A continuación, picar en ACCESO AL SERVICIO ONLINE, picar en REGISTRARSE.
Escoller a opción, dependendo se o voso fillo/a ten ou non DNI DIXITAL
Encher OS DATOS DEL ALUMNO/A e envialo (Lede ben os requisitos do contrasinal)
Finalmente, no correo que sinaledes, recibiredes un enlace dende o que poderedes conseguir a solicitude.

O período de presentación é do 7 ao 30 de xuño
Para calquera dúbida, o teléfono é 902 111 225


 

I CAMPEONATO DE VELA ADAPTADA

Os días 13 e 14 de marzo, disputouse en aguas de A Coruña o I Campeonato Galego de Vela Adaptada, que foi organizado polo Real Club Náutico da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Deportes de Minusvalidos Físicos (FGDMF) e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia.

No evento reuníronse participantes de varias clases diferentes de embarcacións  adaptadas (2.4mr, Access 303, Yatland 460 e Raquero Adaptado). O número de participantes foi de 30 personas pertencentes a 6 clubes galegos.

Na modalidade Raquero a tripulación vencedora foi do RCN de la Coruña; Carmen Gomez, Marifé Álvarez y Curro Jiménez; en 2.4mr a victoria foi para o navegante do Club de Vela Escota de Vigo, Antonio Figueroa, en Access gañaron os regatistas do RCN da Coruña, Javier Mouriño e  David Rivera, e por último en Yatland 460 o vencedor foi Jesús Pombo, da Fundación María José Jove.

A Asociación AMBAR participou neste evento co programa Vela para Todos de Riveira, participando na xornda do domingo con dúas tripulacións,  Lisardo Calo e Domingo Ruíz,  e Carlos Fernández e Sergio Pouso,  en sendos barcos Access 3.03, destacando os deportistas de Riveira a boa organización e o papel deportivo que conseguiron.

Esta é a primeira ocasión na que se organiza en Galicia unha proba deportiva en clase Access, unha embarcación de recoñecido prestixio internacional pola que o Programa Vela para Todos apostou dende o inicio, e que cada ano está a sumar novas incorporacións que van conformando unha pequena frota de barcos e deportistas en Galicia, unha das máis importantes de España nestes momentos.

 


 

INCLUSIÓN EDUCATIVA E DIVERSIDADE FUNCIONAL NA PRIMEIRA INFANCIA

O venres 19 de febreiro Ambar organizou unha xornada sobre “Inclusión Educativa e Diversidade Funcional na primeira infancia”

 Con esta xornada pretendiamos acercar a experiencia de pais e nais que levan un longo recorrido loitando porque os seus fillos teñan garantizado o cumprimento dos dereitos recollidos na Convención da ONU sobre os Dereitos das personas con disCapacidade, e a labor de profesionais que diariamente traballan con nenos con necesidades educativas especiais e que desenvolven a súa ocupación baixo a óptica da inclusión, a igualdade de oportunidades e o empoderamento das persoas con diversidade funcional.

O acto tivo lugar no Centro de Recursos do Barbanza e para a apertura do mesmo contouse coa presenza da concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Esther Patiño Rey, quen deu paso as testemuñas de Esther Cuadrado, Mónica Sumay e Cecilio García, os cales dende a súa propia experiencia, analizaron as necesidades familiares ás que se enfrontan os pais e familiares de menores con algún tipo de diversidade.

 

A continuación, a presidenta da Asociación BATA, Carmen Márquez e a pedagoga Mº Cruz da Silva, achegaron diferentes propostas encamiñadas cara a inclusión dos menores.
 
Finalmente, a presidenta da Asociación AMBAR, Milagros Rey Pérez e o representante do Foro de Vida Independente, Toño Nóvoa Romay encargaranse de poñer peche ao acto.

 

Apertura da xornada na que estivo presente a Concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia do Concello de Ribeira

O peche correu a cargo da presidenta da Asociación AMBAR e Toño Nóvoa, representante do Foro de Vida Independente.

De esquerda a dereita: Milagros Rey, Esther Patiño e Alicia Romero

Toño Nóvoa e Milagros Rey

 

Mesa 1: “Necesidades das familias dende a experiencia”

 

De esquerda a dereita: Mónica Sumay, Cecilio García e Esther Cuadrado; modera: Mª Carmen Hermo

Mesa 2: “Propostas para a inclusión”

  

 Carmen Márquez e Mª Cruz Da Silva, modera: Rosana Olveira


 

PREMIOS DO CERTAME DE CURTAMETRAXES:

Esta fin de semana puxemos punto e á parte a varios meses de tarefas dedicadas á difusión, organización e produción deste certame, no que a implicación e confianza de Rocío Lizcano, Kiko Fernández Mujico, Toñito de Poi e Xerardo Piñeiro, entre outras persoas, foron fundamentais, por significarse como colaboradores e valedores que apoiaron a AMBAR nesta iniciativa de exitoso resultado. Destacamos nesta edición a gran participación de obras realizadas en talleres audiovisuais de asociacións do terceiro sector, e que problamente determinarán a inclusión dunha nova categoría a concurso para próximas edicións do certame.

  

A tamén inestimable colaboración do Concello de Boiro, especialmente da xente da concellaría de cultura, foron determinantes para producir un bo certame que culminou cunha cerimonia de premios pública celebrada na casa do Concello Boirense.

Agora, mediante a presente comunicación, informámosvos de que o pasado sábado, día 14 de novembro de 2009, o xurado do certame NADA SOBRE NOS SEN NOS presidido por Toñito de Poi, coa presenza de Rocío Lizcano, Kiko Fernández Mujico, e Xerardo Piñeiro seleccionou como obras premiadas e distinguidas con mención honorífica as seguintes:

  

-   MELLoR OBRA NA CATEGORÍA DE DOCUMENTAL :

EL RÍO DE MARCOS” DE CRISTINA ESMERODE, CECILIA TOUCEDA, SONIA MONTES, PAULA COBAS, 10´

   

-     MELLOr OBRA NA CATEGORÍA DE FICCIÓN :

EL ESCONDITE” de JOSÉ MIGUEL ADAMUZ ALCALDE, 4´45´´

 

-    MENCIOn HONORÍFICA DA ORGANIZACIÓN:

       "ALBUM DE FAMILIA" DE FRANK TORO

 

   MENCIOn HONORÍFICA Do xURADO:

“El VUELO DE COCO" DE ANDRÉS ROMÁN NAVAS, 16´16´´

“A NENA QUE TIÑA UNHA SOA ORELLA”, de alVARO LEÓN, 13´

“NOS LLAMABAN LOCOS", de FRANK TORO, 8´

  

Entre os asistentes ao acto, presentado por Lisardo Calo e Luisa Crujeiras, ambos socios de AMBAR, atopábanse Cristina Esmerode, Sonia Montes, Paula Cobas e Cecilia Touceda, quen recibiron o premio á mellor obra na categoría de documental, e varias entidades do terceiro sector, entre as que se atopaban dous representantes da Asociación Tots Som Santboians, de Barcelona. Así como tamén estiveron presentes directivos de entidades de diversas comarcas de Galicia e asociacións veciñais, empresariais e de amas de casa do Barbanza. Tamén se atopaban distintas autoridades e represantes políticos da comarca.

 

Aproveitamos a ocasión para agradecer os apoios e confianza recibida para o bo fin desta iniciativa, da que esperamos próximos efectos positivos na comunidade.

 

                 


 

PROGRAMA CERTAME DE CURTAMETRAXES:

 

Arranca a 5ª edición do certame de curtametraxes "Nada sobre Nós sen Nós" que promove a Asociación AMBAR dentro das xornadas do audiovisual do concello de Boiro, certame que versa sobre a temática da disCapacidade dende unha visión de dereitos humanos e cidadanía, coa seguinte programación

 

Programa Certame de Curtametraxes: "Nada Sobre Nós Sen Nós"

 

- VENRES 6,

18:30 h. na casa de Cultura de Boiro:

Cinefórum: Proxección do documental “Albúm de familia”.

Ó rematar charla coloquio.

 

- SÁBADO 14,

10:30 h. Casa de Cultura de Boiro. Reunión do Xurado para determinar as obras gañadoras.

19:00 h. Casa Consistorial do Concello de Boiro. Entrega de premios e proxección das obras gañadoras.

 

- OS DÍAS 6, 7, 13 E 14

Realizarase a proxección continua das obras presentadas no local social de Aturuxo

 

Asemade informamos a todo o público en xeral que están convidados a asistir a os actos anteriormente relacionados

--Non fai falla recordar que se trata de actos de entrada libre polo que estaremos encantados coa vosa presencia.


 

A ASOCIACIÓN AMBAR TERÁ EN 2010 UN CERTIFICADO DE CALIDADE

AMBAR foi seleccionada para participar no Programa “Socialia Calidade” de Obra Social Caixa Galicia, a través do cal recibirá formación e consultoría, o que lle permitirá mellorar os seus sistemas de xestión e obter os Certificados de Calidade ISO 9001 no ano 2010. AMBAR poderá optar á obtención do selo EFQM de Excelencia co apoio da entidade financeira.

   
Durante máis dun ano AMBAR traballará, xunto co resto de entidades seleccionadas dentro do programa da Obra Social, para mellorar as súas respectivas organizacións, revisando as súas formas de actuación, compartindo boas prácticas e aplicando solucións innovadoras. E todo iso para que as persoas destinatarias das súas accións, reciban mellores atencións e conten con mellores servizos.

 
As entidades sociais que proximamente asinarán un convenio con Caixa Galicia, convértense así nunha referencia para o sector, pola súa capacidade para adaptarse e adiantarse ás novas esixencias sociais e o seu compromiso  por ofrecer o mellor servizo ás persoas para as que traballan. Isto é especialmente relevante no sector social, no que aínda non están moi estendidas as certificacións de calidade, ao contrario do que ocorre no mundo empresarial.
 
O Programa “Socialia Calidade” enmárcase dentro do compromiso de Caixa Galicia coa mellora e o fortalecemento do Terceiro Sector de Acción social. Este ano participan no mesmo 40 Ong das comunidades autónomas de Galicia, Castela León e Valencia.

   

 


 
Seguinte >
 

Fondo Europeo de Desenvolvemento RexionalPlan AvanzaMinisterio de industria, turismo y comercioXUNTA DE GALICIA - Consellería de innovación e industria, Dirección Xeral de promoción industrial e da Sociedade da información GUÍA PARA O ASISTENTE PERSOAL