Voltar Páxina AMBAR
INTRODUCCIÓN
01.- VIDA INDEPENDENTE
02.- ASISTENCIA PERSOAL
03.- FALEMOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
04.- AXUDAS TÉCNICAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA
06.- FUNCIÓNS DO ASISTENTE PERSOAL
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL
08.- A ENTREVISTA
09.- ADESTRAMENTO
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA
11.- RELACIÓNS HUMANAS, CLAVE DA ASISTENCIA PERSOAL
12.- SISTEMAS DE APOIO
13.- GRATIFICACIÓNS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS
REFERENCIAS
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL

O Movemento de Vida Independente procura a posta en marcha de fórmulas de asistencia persoal e posibilita empregos para os asistentes persoais. Hai varios xeitos de buscar traballo para un AP. A demanda de asistentes é maior nunha gran cidade, aínda que nas comunidades máis pequenas tamén viven persoas con necesidade de apoios xeneralizados que poden desexar contar cos servicios dun AP.

Existen boas oportunidades para traballar con individuos máis que con grupos, xa sexa nunha gran comunidade ou nunha pequena vila. Na seguinte lista danse algunhas ideas sobre onde empezar a consultar sobre posibles traballos para AP.

6)  Anuncios de prensa: a maioría das fontes mencionadas adoitan transmitir as súas propias notas de prensa, onde podes consultar as posibles ofertas para AP. Tamén podes poñer un anuncio de “busco traballo de asistente persoal” nas edicións de medios locais. O teu anuncio podería lerse así: “Busco traballo a tempo completo/parcial como asistente persoal de persoas con diversidade funcional. Contactar con Anxo no teléfono 654 121 456.”

7)  Anuncios en taboleiro: hai persoas que ofrecen e demandan servicios profesionais mediante notas que poñen en taboleiros de anuncios situados en lugares moi transitados que son frecuentemente consultados: ambulatorios, estacións de autobuses, supermercados, centros cívicos, etc. Estes paneis tamén adoitan formarse nunha parede ou nunha porta dun lugar público de gran circulación de persoas, nel poderás poñer o teu anuncio ofertando servicio de AP.

1) Departamentos de Servicios Sociais: Estes departamentos están dispostos en servicios municipais e autonómicos que facilitan asesoramento e servicios ás persoas con diversidade funcional. Os asesores nestas oficinas a miúdo teñen coñecemento da xente que solicita e necesita de servicios de coidados e atención.

2)   Centros sanitarios de rehabilitación: Os hospitais, ambulatorios e centros de saúde algunhas veces teñen servicios de rehabilitación para o tratamento de pacientes con danos por traumatismos. Existen centros específicos dedicados totalmente á rehabilitación de persoas con diversidade funcional. Un lugar para ofertar servicios a persoas con diversidade funcional que podería estar buscando un AP é o departamento de servicios sociais do propio centro sanitario.

3)  Centros de servicios para persoas con diversidade funcional (centros de día, centros ocupacionais, e outros): Facilitan servicios para persoas con diversidade funcional pero non teñen carácter sanitario. Estes centros poden estar xestionados por administracións públicas ou organizacións non gobernamentais. Podes contactar cos responsables destes centros cando busques traballo como AP.

4)  Organizacións de persoas con diversidade funcional e de consumidores: Existen organizacións e clubs onde as persoas con diversidade funcional adoitan reúnirse para tratar das súas inquedanzas, proxectos de mellora dentro da comunidade ou mesmo de actividades recreativas. Algunhas organizacións tamén poden facilitar axuda de aloxamento para persoas con diversidade funcional, podendo operar o seu propio sistema de servicios de apoios. Estes espacios son un excelente lugar para anunciar os teus servicios entre as persoas que che poden empregar.

5)  Recursos de vida independente: As oficinas de vida independente (OVI) e organizacións de usuarios de asistencia persoal están a iniciar a súa andadura, e poderán estenderse progresivamente ao longo de todo o territorio do estado, facilitando servicios coordinados non tradicionais para persoas con diversidade funcional. Pescuda se hai unha OVI na túa área e infórmalles dos servicios que podas ofrecer. Aínda que non teñan implantación física no terreo, nalgúns casos as OVI poden dispoñer de presencia en Internet, onde poderás contactar con persoas potencialmente interesadas nos servicios de AP.