O propósito da entrevista de traballo é tratar do tipo de tarefas específicas a realizar e establecer unha comunicación cara a cara, co fin de coñecer si as persoas implicadas na asistencia puidesen relacionarse adecuadamente. A entrevista de traballo está controlada pola persoa que contrata, quen será teu xefe ou xefa, máis débense facer preguntas referidas as particularidades do traballo sobre as que teñas dubidas. A relación no traballo pode ser particularmente pechada e cun alto grado de privacidade, dado que no desenvolvemento das tarefas da persoa con diversidade funcional se efectúan actividades notoriamente íntimas. Son aspectos que convén ter en consideración. Unha vez máis, cada persoa con diversidade funcional é un individuo que necesitará diferentes tipos de asistencia.
Na entrevista debes ser capaz de comunicar con absoluta claridade a quen potencialmente será o teu xefe o xefa, por que queres este traballo, cales son os teus límites e ata onde podes chegar.

Nas entrevistas hai varios aspectos a tratar.
1) Establecer as horas que vas traballar. Por exemplo: ¿Está a quenda determinada en continuidade ou sería de dispoñibilidade, pendente de chamada nas 8 horas da quenda? En ocasións a persoa con diversidade funcional só necesita asistencia durante as horas punta do día, isto podería ser, pola mañá cedo e durante o anoitecer, cando a xente se levanta e se viste para o día, e máis tarde se preparara para retirarse a descansar pola noite. Neste caso, estarías traballando en quendas divididas. Outras persoas necesitan axuda constante ó longo do día, así que tamén poderías estar traballando nun horario en xornada completa.
2) ¿Que días estarías traballando? ¿Terías disposición para traballar durante os fins de semana? Tes que ser consciente que a necesidade de asistencia persoal non só ocorre de luns a venres. A persoa con diversidade funcional espera dispoñer de asistencia os 7 días á semana, así que deberás tratar de establecer co teu xefe ou xefa os días de descanso que che corresponderían. Incluso sendo entrevistado para un posto de traballo dentro da vivenda, en categoría de interno, deberías de organizar os teus días de descanso, conforme ás túas expectativas persoais e ás do servicio no cal traballarás.
3) Coñece exactamente que é o que espera a persoa con diversidade funcional que ti fagas como asistente persoal. Debes ser consciente das túas limitacións e do que tes vontade de facer. Por exemplo, ¿Desenvolverías tarefas de limpeza na casa e tarefas de cociña? ¿Actuarías como chofer para trasladar á persoa con diversidade funcional ó colexio, centro de estudios ou traballo? ¿Terás reparos para realizar aquelas actividades de coidado persoal que adoitan formar parte da responsabilidade dos AP, tales como vestirse, asearse e proceder coas necesidades fisiolóxicas (como ouriñar e facer de ventre)? Aínda que abordar
estes mesteres poidan presentar algunha dificultade para ambas persoas á hora de falalo, no fondo é unha necesidade ineludible, e o mellor xeito de achegarse a estes asuntos persoais é asumilo de xeito práctico. Pensa, por exemplo, como te sentirías se ti non foses capaz de vestirte por ti mesmo ou se necesitases axuda para asearte ou calquera outro mester no cuarto de baño da túa casa. A persoa con diversidade funcional que está á procura dun AP aceptou probablemente o feito de que necesita desa asistencia, pero pode sentir incomodidade cando teña que pronunciarse acerca destas necesidades persoais, singularmente daquelas que teñen que ver coa hixiene máis íntima. Necesitas saber exactamente en que consisten esas actividades, de maneira que sexas capaz de tomar decisións á hora de aceptar o traballo. Un xeito de evitar futuros malentendidos acerca do traballo é deseñar unha lista de actividades, responsabilidades e expectativas.
4) A personalidade é un factor moi importante. ¿Podes traballar cunha persoa mandona ou moi esixente? ¿E se esa persoa é tímida e retraída e non che di claramente o que quere que fagas? Para a procura de máis información consulta a sección titulada como “Relación entre o AP e seu Xefe”.
5) ¿Cal é a remuneración e con qué frecuencia recibirás os pagos? ¿Unha vez á semana? ¿Unha vez ó mes? ¿Quén che pagará? ¿A propia persoa con diversidade funcional ou unha terceira persoa? ¿Haberá un intervalo de tempo desde que empezas a traballar ata que recibas a túa paga? ¿Necesitarás cubrir algún impreso para poder recibir a túa paga?
Estes son algúns puntos fundamentais que necesitas ter en conta durante a entrevista.
Probablemente pensarás sobre outras cuestións a medida que vaias falando coa persoa que fai a entrevista, que xeralmente será alguén cunha diversidade funcional, aínda que tratándose de diversidades funcionais intelectuais tamén poderá ser unha persoa de confianza garantida.
Obter as respostas axudarache a tomar sabias decisións e axudarache a crear unha atmosfera de traballo harmoniosa onde ambas persoas incumbidas na relación da asistencia persoal veranse beneficiadas.

