Voltar Páxina AMBAR
INTRODUCCIÓN
01.- VIDA INDEPENDENTE
02.- ASISTENCIA PERSOAL
03.- FALEMOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
04.- AXUDAS TÉCNICAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA
06.- FUNCIÓNS DO ASISTENTE PERSOAL
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL
08.- A ENTREVISTA
09.- ADESTRAMENTO
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA
11.- RELACIÓNS HUMANAS, CLAVE DA ASISTENCIA PERSOAL
12.- SISTEMAS DE APOIO
13.- GRATIFICACIÓNS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS
REFERENCIAS
09.- ADESTRAMENTO

A persoa con diversidade funcional para a que traballas probablemente estará disposta a adestrarte de modo persoal. Considerando as súas necesidades específicas e preferencias, será preciso que che explique as súas rutinas do día a día e cómo satisfacelas mellor. Recorda que estas rutinas serán diferentes para cada persoa con diversidade funcional, de xeito individual, así que é moi importante non presumir nunca sobre como debería ou non debería desenvolver as actividades da vida diaria. É moi importante que a persoa con diversidade funcional explique como desempeñar tarefas de contacto, tales como axudarlle a trasladarse da cama á cadeira de rodas, por exemplo. Nos primeiros días no traballo, a persoa con diversidade funcional adoitará contar con alguén que estea familiarizado coas súas necesidades para que estea presente e poda mostrar o desenvolvemento correcto dalgunhas tarefas. Esta persoa podería ser un membro da familia ou un AP que traballara anteriormente co teu novo xefe ou xefa, que poderá mostrar cómo desenvolver certas tarefas.

Se hai un programa de adestramento dispoñible, o teu xefe podería querer incluírte. O programa de adestramento ofrecido a través da Asociación AMBAR parte da filosofía do movemento de vida independente, polo tanto concibe á persoa con diversidade funcional como experta nas súas necesidades e preferencias para satisfacelas. A xente con diversidade funcional prefire o adestramento no traballo aínda que poda confiar nos programas de adestramento baseados nesta filosofía para axudar aos non iniciados e familiarizarse cos termos e co desempeño fundamental do rol de AP.

Outro punto importante que ti debes preguntar nos inicios do traballo é ¿qué facer no caso dunha urxencia? En xeral, hai dous tipos de situacións de urxencia. Un tipo coñecido é unha urxencia rutineira como un corte ou unha caída. Para afrontar devandita urxencia, necesitarás coñecer os procedementos de primeiros auxilios. O outro tipo é a que estea directamente asociada á diversidade funcional particular do teu xefe ou xefa. Por exemplo, se estás traballando cunha persoa con dano na columna vertebral, ¿qué facer se sinte unha crise por disreflexia?; e, se traballas cunha persoa que ten un síndrome que pode manifestar crises ocasionais, ¿deberías coñecer algo acerca das crises? ¿Cómo saber que tipos de cousas debes buscar en caso de urxencia? Pois mediante unha elemental prevención de riscos: Pregunta á persoa para a que traballas. Tamén asegúrate de tomar nota de nomes e Nº de teléfono dos médicos da persoa con diversidade funcional, farmacias, parentes próximos ou amigos, servicios de ambulancia e parques de bombeiros. Páganche para que esteas preparado.