Voltar Páxina AMBAR
INTRODUCCIÓN
01.- VIDA INDEPENDENTE
02.- ASISTENCIA PERSOAL
03.- FALEMOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
04.- AXUDAS TÉCNICAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA
06.- FUNCIÓNS DO ASISTENTE PERSOAL
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL
08.- A ENTREVISTA
09.- ADESTRAMENTO
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA
11.- RELACIÓNS HUMANAS, CLAVE DA ASISTENCIA PERSOAL
12.- SISTEMAS DE APOIO
13.- GRATIFICACIÓNS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS
REFERENCIAS
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA

En calquera clase de traballo existe unha relación, boa ou mala ou neutral, entre ti, o supervisor e os compañeiros de traballo. Cando se facilitan servicios de apoio e coidados, ti, naturalmente, entrarás nunha relación coa persoa con diversidade funcional para a que traballas, e dicir o teu xefe ou xefa. Poderás gustarlle ou non, ou podería ter sentimentos que están dalgún xeito entre gustar e non gustar (iso é, sentimentos neutrais). O tipo de relación no traballo que teñas co teu xefe ou xefa depende sobre todo de ambas personalidades e estilos de comunicación. Haberá ansiedade e tensión nalgunhas relacións porque ningunha das dúas persoas gustará exactamente das mesmas cousas; isto pode causar desacordos e ata enfrontamentos. Outro dos factores que afectan ás relacións son os motivos. Un motivo é a razón pola cal fas algo de xeito particular. Por exemplo, poderías apresurarte demais realizando as tarefas porque outra persoa estea esperando por ti. A persoa que está esperando incítate a que te apresures. Algúns motivos están ocultos, é dicir, ti non sabes por que fas algo dun xeito cando hai outros xeitos de facelo. Máis o motivo está condicionando a túa acción, pénsao. O teu xefe ou xefa interaccionará contigo en certas condicións e con certas maneiras por causa dos seus propios motivos. Ser consciente das túas accións e coñecer os teus propios valores e motivos axudarache a avaliar as túas habilidades para que che beneficie, e así poder traballar para unha ampla variedade de xente.

Pola mesma razón, entre os AP, pódense presentar perfís individuais cuxos Caracteres Tipo poderían ser:

1)  Enfermeiro: Persoas que só comprenden os apoios e coidados a partir das técnicas médicas e refusan a facer as tarefas doutro xeito. Eles /as queren dirixir as actividades do seu xefe ou xefa, amosando a propia incapacidade para asumir que a persoa con diversidade funcional pode ser responsable e capaz de dirixir os propios coidados.

2)  Nai: Son asistentes que conciben o seu traballo como “coidar” da persoa con diversidade funcional, coma se tivese a responsabilidade de crialo. É o tipo de persoa que adoitaría acariñar con tenrura ao xefe ou xefa e que faría cousas que, se ben son aceptables nunha relación materno-filial, son innecesarias neste contexto.

3)   Mellor Amigo: O asistente é absorbente coa privacidade do seu xefe ou xefa e pretende participar e implicarse nas súas relacións sociais. Este asistente probablemente esperaría ser incluído en todas as actividades sociais planeadas pola persoa con diversidade funcional e, de feito, sentirase danado se quedase excluído.

4)  Sobreprotector: O credo desta persoa pódese resumir como “eu sei o que é mellor para ti”. O asistente intenta que o seu xefe ou xefa non asuma o mínimo risco, recortando as súas opcións de elección, de xeito que intensifica a relación dependente.

5)   Bo Samaritano: O asistente actúa coma un benfeitor cuxo obxectivo prioritario é sentirse necesitado. O credo desta persoa resumiríase en “sufriches bastante, deixa que coide de ti”. O bo samaritano fai moito máis do necesario polo seu xefe ou xefa, podendo chegar a tratalo ao xeito infantil.

6)   Consumidor de drogas/alcohol: Estes asistentes poderían facer un bo traballo cando non están suxeitos ou padecen os efectos do consumo de drogas ou alcohol. Normalmente non son fiables e poden ter comportamentos desequilibrados ou temerarios.

7)   Predicador: Estes individuos son insistentes á hora de aplicar, instruír ou impoñer as súas crenzas relixiosas ao seu xefe ou xefa. Esta actitude persoal non respecta o dereito doutra persoa ás súas propias crenzas e valore; asocia o eido moral persoal ao laboral.

8) Personalidade Firme: Igual que as persoas con diversidade funcional de carácter firme, estes asistentes expresan os seus sentimentos e necesidades dun xeito directo sen empregar xeitos ameazantes, turbadores ou conmovedores. Eles non tentan someter á persoa. O seu comportamento é estable Non manipulan ás persoas e saben que posúen un espírito de seguridade en si mesmos.

A esta lista poderían ser engadidos moitos outros tipos de comportamentos. Algunhas das relacións entre xefes e empregados teñen un contido conflictivo, mentres outras serán satisfactorias para ambas persoas. Determinados caracteres de AP asociados a outros dos correspondentes xefes, determinan tipos de relacións diversas, que poden chegar a ser viables cando se adopta unha actitude profesional.

Independentemente do boa que sexa unha relación, probablemente haberá situacións de conflicto que aparecen en determinados momentos por causa de situacións específicas e puntuais. Estes son os chamados conflictos situacionais.

 Un exemplo de conflicto situacional é:

Unha persoa con diversidade funcional pide ó seu AP permanecer unha hora extra para axudarlle na cociña preparando a cea. O AP ten outros plans para a tarde e, ademais, a cociña non era unha tarefa acordada durante o desenvolvemento da entrevista para o traballo.

 As situacións de conflicto poden ocorrer en calquera momento do día a día da relación coa persoa con diversidade funcional.

 Outro exemplo de situación de conflicto é:

A persoa con diversidade funcional solicita ir á cama máis tarde que o seu asistente, con quen comparte o seu apartamento


¿Como resolves estes conflictos?

A resposta de cada persoa cara á situación de conflicto é importante.

Hai tres xeitos fundamentais para responder a calquera situación: 1) resposta pasiva, 2) resposta agresiva e 3) resposta de confianza.

Estes patróns de resposta e as súas consecuencias poden ser explicados usando os dous exemplos de situación de conflicto arriba mencionados.

Situación de conflicto A:

A xefa, unha muller con diversidade funcional, pídelle ó seu AP quedar unha hora extra para axudarlle a cociñar a cea. O AP ten outros plans para a noite e as tarefas de cociñar comidas non foron acordadas durante o desenvolvemento da entrevista para o posto de traballo.

1) Resposta pasiva: O AP permanece unha hora extra e non comenta sobre os seus plans. Consecuencia: O asistente moléstase e reséntese, e podería amosar unha actitude negativa e inconveniente noutros momentos.

2) Resposta agresiva: O AP incomoda á súa xefa rexeitando iradamente a petición, exclamando que a cociña non é unha das súas responsabilidades acordadas no seu momento. En pleno arrebato o AP podería tamén queixarse en relación a outras reivindicacións. Consecuencias: A xefa podería enfadarse e tomar represalias con posterioridade, ou poñerse á defensiva por sentirse ferida e humillada. O AP sairía airado sen cumprir coas súas tarefas.

3) Resposta confiada: O AP cóntalle á xefa os seus plans, con tranquilidade pero con firmeza e recorda que cociñar non é unha das tarefas acordadas. Consecuencias: A xefa comprende que a súa AP ten outros plans. Se a cociña vai ser unha necesidade continuada disporemos de tempo para discutilo, e quizais podamos alcanzar un acordo por ambas partes. A comunicación non é interrompida e non existen malentendidos ou queixas ocultas.

Situación de conflicto B:

A xefa, unha muller con diversidade funcional, require ir á cama máis tarde que a súa AP, de 19 anos, coa que comparte apartamento.

1)Resposta pasiva: A AP permanece esperta para axudar á xefa para ira á cama cando o así o decida. Consecuencia: A asistente, por non explicar as súas razóns para querer ir durmir máis cedo, moléstase e reséntese, e podería amosar unha actitude negativa e inconveniente noutros momentos. A xefa pode non ser consciente de que hai un problema.

2)Resposta agresiva: A AP enfádase e di que non lle importa a hora á que a persoa con diversidade funcional desexa ir a durmir. A xefa regaña á súa AP por non atender ás súas necesidades. Consecuencias: A xefa está enfadada porque a AP non considerou as súas necesidades. A AP podería forzar á xefa a facelo ó seu xeito e, polo tanto, causaría moito mais resentimento e enfado. Non hai espacio para discutir.

3)Resposta confiada: A AP explica a súa necesidade de retirarse a durmir máis cedo. Consecuencias: Elas póñense de acordo para poñer en funcionamento a rutina nocturna de cada un durante o atardecer. A xefa permanece ata tarde levantada e o proceso de retirarse a descansar levará un espacio de tempo curto. A AP pode ir descansar cando queira. Mediante un acordo, ambas, tanto a persoa con diversidade funcional como a AP, conseguen cumprir as súas necesidades. Non se danan os sentimentos de ninguén.

Como podes comprobar, non só é importante que comprendas as túas necesidades se non que tamén é igual de importante que ti comprendas as necesidades da persoa con diversidade funcional, forma parte do teu traballo.

A resposta de confianza é o xeito máis profesional e honesto de resolver as situacións de conflicto; empregando a confianza podemos chegar a un acordo eficaz, onde cada persoa involucrada contribúa e estea cómoda cos resultados obtidos. A comunicación aberta e directa facilitará a compresión pero non é garantía para conseguir o que ti queres. Ser unha persoa de confianza, un bo profesional, necesita práctica. Recorda que só ti podes controlar e ser responsable das túas propias respostas

En calquera relación é importante que teñas en conta cales son as posibles consecuencias das túas accións. Algunhas veces podes responder pasivamente ou ben ignorar un comentario ou acción porque o resultado final non é importante para ti. Por exemplo: ¿Realmente che importa que o teu xefe ou xefa durma ata o mediodía e cres que debería de estar levantado/a facendo algo na casa? Doutra banda, haberá veces que te sintas forte con relación a unha situación, con vontade de ameazar e danar a relación de cara a defender os teus valores. Poñamos un exemplo que pode parecer esaxerado: Supón que o teu xefe ou xefa quere que lle a axudes a fumar marihuana e ti non queres tratar nada sobre ese asunto. ¿Estás disposto a poñer en risco o teu traballo por impoñer ós teus valores con relación a este asunto?

Cada serie de accións require unha consideración e avaliación a nivel individual que sempre estará influída por valores persoais e culturais. A túa resposta a calquera situación é unha elección individual.

Os tipos de carácter que mostran as persoas con diversidade funcional son os mesmos que ti mesmo poderías atopar entre os membros da túa familia e amigos, entre compañeiras e compañeiros, ou ata en ti mesmo.

Ninguén se comporta sempre dunha mesma maneira. Pódese actuar de diferente maneira con xente diferente e en situacións diferentes. Hai moitas razóns polas que o teu comportamento se adecúa dun certo xeito, nun momento dado, incluíndo o xeito de sentir, axustándose aos problemas que che preocupan ou as impresións que esperas facer en outras persoas. Nas relacións entre persoas hai unha variedade de comportamentos que orixinan uns posibles resultados e consecuencias; o recomendable é adoptar unha actitude que facilite a consecución do obxectivo máis desexable: manter unha relación laboral satisfactoria para ambas partes.

Por razón de diversidade humana, entre quen precisan de asistencia persoal podemos atopar caracteres típicos moi variables, que poden ir dende a posibilidade de mostrarse enormemente esixentes ata quen non pide realizar unha tarefa necesaria por estar fora da rutina diaria, podendo dar lugar a necesidades non cubertas que se deberían haber resolto.