Voltar Páxina AMBAR
INTRODUCCIÓN
01.- VIDA INDEPENDENTE
02.- ASISTENCIA PERSOAL
03.- FALEMOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
04.- AXUDAS TÉCNICAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA
06.- FUNCIÓNS DO ASISTENTE PERSOAL
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL
08.- A ENTREVISTA
09.- ADESTRAMENTO
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA
11.- RELACIÓNS HUMANAS, CLAVE DA ASISTENCIA PERSOAL
12.- SISTEMAS DE APOIO
13.- GRATIFICACIÓNS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS
REFERENCIAS
12.- SISTEMAS DE APOIO

Haberá veces que ti non podas ir a traballar por algunha razón. Poderías caer doente, atoparte cun problema no transporte, quedar na casa por causa dunha tormenta ou calquera outra experiencia relacionada con algunha urxencia. Sempre e cando sexa posible deberás notificar a teu xefe ou xefa que non poderás ir a traballar o día que sexa, en particular, e, en xeral, advertirás das novidades que xurdan sobre o plan previsto (esto pode ser con varias horas ou varios días por anticipado, dependendo do alcance da actividade e tarefas a desenvolver). Advertindo coa antelación suficiente, será responsabilidade do xefe ou xefa atopar un substituto. Máis, se ti coñeceses a alguén que quixese traballar durante o teu período de ausencia, fálalle diso á persoa con diversidade funcional, quen apreciará a túa atención. 

Os mesmos principios aplicaranse cando se presente o caso de deixar o traballo de xeito permanente. Deberás de darlle ó teu xefe ou xefa polo menos dúas semanas de aviso anticipado, explicando as razóns polas cales te marchas. Un mes de anticipación é moito mellor, posto que así dispón dun tempo importante para localizar e contratar a outro/a AP. A persoa con diversidade funcional pode esperar que ti esteas dispoñible con vontade para instruír ó próximo AP.

A colaboración no adestramento dos novos APs indicaría unha actitude profesional pola túa parte.