O traballo de AP pode ser unha experiencia moi gratificante. Existe un potencial para o desenvolvemento profesional e o crecemento persoal, desempeñando un traballo de calidade. Convivir e ter consciencia das situacións de desvantaxe derivadas dunha condición de diversidade funcional é unha parte inherente do traballo. Hai poucas profesións que che permitan ter un efecto directo sobre a calidade de vida doutro ser humano. O traballo de AP ofréceche esta oportunidade única.

