Voltar Páxina AMBAR
INTRODUCCIÓN
01.- VIDA INDEPENDENTE
02.- ASISTENCIA PERSOAL
03.- FALEMOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
04.- AXUDAS TÉCNICAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA
06.- FUNCIÓNS DO ASISTENTE PERSOAL
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL
08.- A ENTREVISTA
09.- ADESTRAMENTO
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA
11.- RELACIÓNS HUMANAS, CLAVE DA ASISTENCIA PERSOAL
12.- SISTEMAS DE APOIO
13.- GRATIFICACIÓNS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS
REFERENCIAS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS

Normas de seguridade

Esta é una lista de normas xerais para axudarte a evitar riscos.

Mentres te ocupas da seguridade do teu xefe ou xefa, a túa propia seguridade é moi importante. Si te magoas, non poderás realizar o teu traballo.

Exemplos de perigos comúns no fogar:

Electricidade: falta de cubertas de tomacorrentes, prolongadores de electricidade gastados ou sen illamento.

Obxectos cortantes: xiringas, coitelos, bordes con cantos vivos, bordes astillados nos bastidores da cama.

Tropezos: mangueiras de auga ou osíxeno, cables de teléfono e prolongadores de electricidade, xoguetes, mascotas.

Resbalóns: líquidos derramados, xeo e neve.

Levantar grandes pesos: bombonas de gas, mobles, persoas.

Disposición da casa: camiño de acceso, escaleiras, situación dos mobles e ornamentos.

Productos químicos: productos de limpeza, medicamentos, osíxeno.

Lume: fumar, detectores de fume, extintores de incendio, desorde e acumulación de obxectos.

Un área de traballo limpa y ordenada é un lugar seguro para traballar: É menos probable que te lesiones e certamente menos probable que causes lesións aos demais.


LAVADO DE MANS

Lavar as mans é a mellor maneira de non contraer xermes que causan infeccións. Lavar as mans axuda a previr infeccións do AP ao seu empregador e do empregador ao seu AP.

Para lavar ben as mans, usa xabón común abundante. Cando haxa que proceder manobrando en ambientes sépticos o uso dun xabón antibacterial é o mellor. Enxabrona ben as mans e frega as mans xuntas. Ten coidado de lavalas por enteiro, especialmente entre os dedos, arredor e baixo das uñas. Necesitas fregar con espuma polo menos 30 segundos. Enxauga as mans ben. Seca as mans coidadosamente cunha toalla, de papel preferiblemente, se hai. Non deixes a pel mollada (nin o teu nin do teu xefe ou xefa) porque se pode rozar o causar pequenas cortaduras na pel e alí é onde poden medrar xermes con máis facilidade. Usa sempre guantes de plástico ou látex si existe a posibilidade que vaias a tocar calquera líquido do corpo humano como Sangue, Ouriña, Cuspe, Vómito, Mucosidade, Pus, Excremento, Cortaduras na pel.

Si usas guantes de goma reutilizables, debes coidar de desinfectalos despois de cada uso con vinagre ou lixivia.

 Lava sempre as mans:

1. Despois de usar o inodoro ou baño

2. Antes de comer ou tocar comida

3. Inmediatamente despois de tocar líquidos do corpo accidentalmente

4. Despois de quitar os guantes.

Recorda:

As dúas vías de infección máis comúns son: “a man esquerda” e “a man dereita”


Mecánicas CorporaIs

Coa expresión Mecánicas Corporais referímonos á mellor maneira para mover e usar o teu corpo para reducir estres e esforzo físico: Facer un uso apropiado do corpo 

As Regras Mecánicas Corporais:

 Hai una serie de regras xerais para realizar as movilizacións ou transporte dun peso, co obxecto de evitar a fatiga e a aparición de lesións ao AP.

1. Retirar todos os obxectos que entorpezan a manobra.

2. Aumentar a estabilidade corporal, ampliando a base (abrindo pes, adiantando un respecto do outro) e descendendo o centro de gravidade (flexionando as pernas). Mantén unha base de apoio ancha poñendo os pes ao mesmo ancho dos ombreiros  para permitir máis balance e forza. Fai recaer os pesos en brazos, tronco e pernas.

3. Utilizar os músculos maiores (dos muslos e pernas) en lugar dos menores (espalda).
4. Ao levantar un obxecto dende o solo, non debe dobrarse a cintura, senón flexionar as pernas, mantendo recta a espalda.

Dobra e emparella os xeonllos cando levantes e baixes obxectos pesados. Mantén sempre a túa espalda endereitada o máis posible, procurando que o peso suxeitado non sobrecargue unha postura forzada da espiña dorsal.

5. Mantén o peso cerca do teu corpo (coma un abrazo de oso) para manexar con máis forza e estabilidade.

6. Deslizar ou empurrar obxectos require menos esforzo que levantar, mais non se debe arrastrar a unha persoa.

7. Xirar o tronco dificulta a manobra. Usa os dous lados do teu corpo igualmente cando esteas parado, acadando e levantando. Esto fai os teus movementos máis seguros e fáciles.

8. Fai soamente un movemento cada vez.

a. Levanta primeiro e logo voltea o teu corpo por enteiro mediante o movemento dos pes. Levantar e torcer o corpo á vez pode esforzar os músculos.

b. Asegúrate de ter espacio amplo para moverte, previndo obstáculos evitables.

c. Procura manobrar en chan non esbaradizo.

9. Si estás axudando a alguén a camiñar, podes pasar un dos teus brazos arredor da espalda da persoa. Ten o teu outro brazo libre e listo para axudar en caso necesario.

10. Débese pedir axuda, cando a tarefa supoña un risco para a persoa a mobilizar ou para quen a asiste.

11. Cando esteas conducindo un automóvil, axusta o asento a unha distancia cómoda cerca do volante. Séntate de forma que os xeonllos estean ao nivel co borde do asento.
 

Máis Mecánicas Corporais: