Voltar Páxina AMBAR
INTRODUCCIÓN
01.- VIDA INDEPENDENTE
02.- ASISTENCIA PERSOAL
03.- FALEMOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
04.- AXUDAS TÉCNICAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA
06.- FUNCIÓNS DO ASISTENTE PERSOAL
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL
08.- A ENTREVISTA
09.- ADESTRAMENTO
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA
11.- RELACIÓNS HUMANAS, CLAVE DA ASISTENCIA PERSOAL
12.- SISTEMAS DE APOIO
13.- GRATIFICACIÓNS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS
REFERENCIAS
02.- ASISTENCIA PERSOAL

O medio para favorecer a participación plena e a Vida Independente das Persoas con Diversidade Funcional conforme ao seu plan de vida elixido basease no Servicio de Asistencia Persoal, cuxo obxectivo é proporcionar unha asistencia suficiente para desenvolver o plan de vida individual de forma autoxestionada, posibilitando permanecer no domicilio e entorno social elixidos e poder desenvolver unha Vida Independente de acordo coas súas posibilidades, que abranguerá tanto a atención ás necesidades domésticas e as axudas específicas da vida diaria, como as necesidades relativas á educación e formación, emprego, rehabilitación, ocio e lecer, sexualidade, maternidade ,etc.

Neste contexto, o Asistente Persoal (AP) é aquela persoa que realiza ou axuda a realizar as tarefas básicas, instrumentais ou calquera outras da vida cotiá, a unha persoa con Diversidade Funcional que non pode realizalas por sí mesma, dentro dunha relación regulada por un contrato profesional no cal a persoa con diversidade funcional usuaria da asistencia, ou o seu representante legal cando fora necesario, é a parte contratante que debe definir, xestionar e controlar o servicio.

A consolidación da liberdade de elección e a implicación da persoa usuaria do Servicio de Asistencia Persoal debe ir ligada ao control do pagamento do servicio mediante a fórmula denominada “Pago directo”, consistente na transferencia dende a Administración Pública, ao usuario receptor do servicio, dunha asignación diñeiraria determinada, suficiente para sufragar o custe da Asistencia Persoal contratada, previa valoración da súas necesidades.

Os procesos de deseño do sistema de apoios á vida activa e da provisión dos apoios e coberturas, ao marxe da fórmula de prestación, deben de contemplar ás Persoas con Diversidade Funcional como expertos nas súas propias vidas. Como tales, teñen o dereito e a responsabilidade de falar no seu propio nome, participando na organización das distintas modalidades de axuda pactadas cos servicios sociais competentes.

Segundo a definición da LIONDAU, Asistencia Persoal é o “servicio prestado por un asistente persoal que realiza ou colabora en tarefas da vida cotiá de unha persoa en situación de dependencia, de cara a fomentar a súa vida independente, promovendo e potenciando a súa autonomía persoal”.

A asistencia persoal é a ferramenta social que permite á persoa con diversidade funcional actuar coa liberdade de calquera cidadán, ter as mesmas oportunidades que os seus irmáns, veciños , amigos de asistir a cursos formativos, de acceder a un emprego, de ir a un concerto, cine, saír de festa, de viaxar, de ter unha parella, de ser pai ou nai, etc., sen ter que depender da vontade da familia e das persoas do entorno ou estar obrigado a optar por permanecer recluído nun centro residencial, onde o salario, as tarefas a realizar e o contrato do traballador está organizado e depende da institución, deixando á persoa con diversidade funcional sen capacidade de determinación plena sobre vida propia, como si de un obxecto se tratase.

A función do AP é mellorar a calidade de vida da persoa con gran diversidade funcional apoiando a súa independencia, evitando a institucionalización e favorecendo a participación social e a inclusión en tódolos ámbitos da súa comunidade.

O traballo de AP para persoas con diversidade funcional non é novo

. Os pais estiveron facendo este traballo durante anos para os seus fillos con diversidade funcional; maridos e esposas coidando dos seus compañeiros cando estaban doentes ou nunha situación de dependencia, e enfermeiras e auxiliares de enfermería estiveron prestando coidados aos seus pacientes cando eles non eran capaces de coidarse por si mesmos; todos eles se ocupan de tarefas que un AP desenvolve naturalmente. Unha persoa cunha diversidade funcional permanente, sen embargo, na maioría das situacións debería contar co apoio dun AP que, sen ser membro da familia nin enfermeiro, podería cumprir moi satisfactoriamente as necesidades da persoa con diversidade funcional.

Existen razóns de moito peso para querer desligarse daqueles coidados facilitados de modo tradicional. Unha razón da maior importancia é que as persoas con diversidade funcional deben levar as rendas e o control das súas propias vidas, igual que calquera outro cidadán. Cando os membros das familias aportan os seus coidados, a persoa con diversidade funcional moi a miúdo sente que non ten nada que dicir con relación aos coidados que lles aportan seus parentes; ata se é un adulto a persoa con diversidade funcional pode chegar a sentirse como un neno cando a familia coida del ou dela. Xente con formación nas áreas sanitarias, tales como enfermeiras ou auxiliares de enfermería, a miúdo desempeñan tarefas persoais coma si se tratara de seguir as receitas dun libro de cociña, unha vez máis sen ter en conta as indicacións da persoa á que se están aportando os coidados ou apoios.

O Movemento de Vida Independente aportou a definición do traballo dos AP. Un asistente é alguén que axuda a unha persoa con diversidade funcional nas actividades do día a día, facilitándolle apoios na súa vida cotiá. Esta axuda posibilita á persoa con diversidade funcional o control de todos os aspectos da súa vida con normalidade. A persoa con diversidade funcional podería vivir soa, cun compañeiro ou compañeira, con familia, ou coas persoas que desexe. A diferencia fundamental que distingue a “vida independente” dun “ambiente dependente”, é que a persoa con diversidade funcional dirixe a súa propia vida, toma as súas propias decisións, e é xeralmente responsable dos seus propios asuntos. Nun “ambiente dependente”, doutra banda, sempre hai alguén que lle di á persoa con diversidade funcional que facer, como facer e onde ou cando facelo. 

Exemplos de aclaración de ambos conceptos.

Ambiente dependente  

1)   O asistente exerce de “coidador” e desenvolve tarefas sen contar coas indicacións da persoa que recibe os coidados.

2)   Á persoa con diversidade funcional díselle cando e como debe facer as cousas, tales como, cando levantarse, cando ir durmir, cando asearse, etc.

3)   A persoa con diversidade funcional non toma decisións por si mesma e non asume a responsabilidade nin o control da súa propia vida.

4) A persoa con diversidade funcional só existe e nada máis.

Ambiente de vida independente

1)  O AP desenvolve tarefas de acordo ás indicacións da persoa con diversidade funcional que recibe os apoios.

Esta guía:

 1)            Aportarache unha nova perspectiva sobre as persoas con diversidade funcional.

2)            Axuda a comprender diferentes categorías de diversidade funcional que poden requirir de AP.

3)            Descubre técnicas orientadas para a viabilidade dun traballo.

4)            Subliña posibles apretos e situacións de conflicto.

5)            Instrúe como mellorar a comunicación cunha persoa con diversidade funcional,

6)            Oriéntache para prever riscos desenvolvendo tarefas de AP. 

Esta guía non prescribe sobre as tarefas que ti podes facer para as persoas con diversidade funcional no teu papel de AP. Cada persoa con diversidade funcional ten as súas propias rutinas e xeito de resolver as súas necesidades de apoio. Por elo, o mellor é non adaptarse ou acomodarse a facer as cousas dun só xeito. 

A actitude profesional consiste en adaptarse aos requirimentos da persoa que recibe os apoios.

2)   A persoa con diversidade funcional decide cando e como desenvolver a súa actividade: cando levantarse, cando retirarse a descansar, cando e como asearse, etc.

3)  A persoa con diversidade funcional controla a súa propia vida a través da toma de decisións propias: é activamente responsable das consecuencias xurdidas a raíz da toma das súas decisións.
4) A persoa con diversidade funcional determina todos os aspectos da súa propia vida con liberdade.

O teu interese polo traballo como asistente persoal da a entender que ti tes a vontade e o desexo de apoiar a xente con diversidade funcional nun contorno de vida independente, tal e como se vén describindo.