Esta sección ten carácter xeral, sen entrar en aspectos específicos dispoñibles en outras moitas publicacións escritas a cerca de diferentes tipos de diversidade funcional.
A diversidade funcional pode caracterizar a xente a calquera idade, desde nenos a adultos e persoas da 3ª idade. Afecta a todas as categorías da sociedade: Non importa se eres pobre ou rico; non importa se eres home ou muller; non importa onde residas, se nunha aldea pequena, ou unha gran cidade ou no outro lado do mundo. A diversidade funcional non é selectiva á hora de manifestarse, existe todas as categorías de persoas que presentan unha insuficiencia - xente alta, xente baixa, xente gorda, xente delgada, xente que é feliz, triste, ou con calquera outra característica persoal común da especie humana.
Algunhas persoas con diversidade funcional poderían converterse nos teus mellores amigos mentres outros poderías querer evitalos. A idea de partida é que a xente con diversidade funcional son individuos con diferentes personalidades e con diferentes desexos e necesidades. Unha persoa cunha diversidade funcional é en primeiro lugar unha persoa membro da diversa familia humana.
Por exemplo, a persoa con diversidade funcional que se desenvolve sobreprotexida podería chegar a non saber como escoller a súa propia roupa ou como facer unha simple xestión nun servicio público dispoñible na súa comunidade, que ben podería outro individuo coa mesma capacidade de aprendizaxe habituado a un ambiente de vida independente.
Pero, por suposto, tamén existen persoas que se desenvolveron como nenos con diversidade funcional conxénitas e que están ben afeitos e son capaces de tomar decisións e de manexar as súas propias vidas. É máis que probable que estas persoas, cando foron nenos, tiveron pais que lles permitiron asumir riscos e participar na rutina da vida diaria e do día a día, de experiencias comúns aos demais rapaces e membros da comunidade aberta. Por exemplo, os pais poderían levar ao neno con diversidade funcional nos desprazamentos para as compras de roupa e alimentación; o neno probablemente foi incluído nas saídas de tempo libre da familia, e acudiría aos espacios de diversión propios dos rapaces da súa idade.
A través da participación e involucrándose na cotidianidade, as persoas con diversidade funcional teñen a oportunidade de aprender os comportamentos en público, socializándose en igualdade aos seus homólogos sen diversidade funcional.
DIVERSIDADE FUNCIONAL ADQUIRIDA:
A diversidade funcional adquirida pode ocorrer en calquera momento da vida dunha persoa. Estas formas de diversidade funcional poden ter orixe en patoloxías tales como a esclerose múltiple ou a poliomielite, por exemplo. A diversidade funcional adquirida pode tamén ser causada por danos traumáticos producidos por un accidente. Os accidentes máis comúns causantes de diversidade funcional son os de circulación en vehículos a motor, accidentes laborais, accidentes por mergullo, accidentes na práctica dun deporte e outros. Se o accidente afecta á medula espiñal coñécese como lesión medular ou lesión espiñal. Algúns accidentes causan danos a certas partes do cerebro, e son chamados “dano cerebral”. Ambos danos, medulares e cerebrais, afectan ás persoas de diferentes xeitos. Por exemplo, hai persoas con danos na medula espiñal que polos efectos de determinadas lesións perde sensación ou tacto sobre certas partes do seu corpo. Polo contrario, xente con parálise cerebral (diversidade funcional conxénita) non perden así o sentido do tacto, pero pode suceder que a habilidade para controlar certos músculos estea fora do control voluntario; o que lles pode causar sacudidas bruscas involuntarias que son coñecidas como espasmos.
Os danos cerebrais están a miúdo asociados con perda de memoria, falta de coordinación e dificultades na fala. Outro tipo de diversidade funcional adquirida é a amputación ou perda dun membro, que poderá afectar en maior ou menor medida á autonomía persoal do individuo e ás súas posibilidades de interacción co entorno físico.
A diversidade funcional adquirida pode ocorrer en calquera momento da vida dunha persoa, e o modo de tratar de adaptarse incorporándose á vida cotiá é un proceso moi importante. Algunhas persoas aprenden rapidamente a facer o mellor posible na súa nova situación e continuar as súas vidas. Outras poden afundirse nunha depresión que pode durar meses e ata anos. Cada persoa reacciona de xeito diferente ante a súa situación de diversidade funcional. A diversidade funcional non só afecta ós individuos senón que tamén causa impacto na familia e nos amigos. Se a persoa está casada no momento de producirse o dano, a diversidade funcional repercutirá no marido ou esposa e ós fillos tamén.
Como asistente persoal, é moi importante que ti non prexulgues á persoa con diversidade funcional nin ás súas circunstancias, non asumas nunca que coñeces todo o que hai que coñecer con relación a cada tipo de diversidade funcional.
Hai que ter presente que cada persoa cunha diversidade funcional é un individuo que ten necesidades físicas, intelectuais e emocionais diferentes, e que cada persoa responde á súa situación de diversidade funcional de diferentes xeitos. Moi a miúdo a xente xulga a unha persoa con diversidade funcional por analoxía con alguén que coñece e que ten unha diversidade funcional parecida. Por exemplo, se ti coñeces a alguén con diversidade funcional e agrádache esa persoa, ti podes ter tendencia a ter bos sentimentos cara á xente “discapacitada”. Doutra banda se coñeces a algunha persoa con diversidade funcional que non che gusta, ti poderías ter predisposición a evitar a todas as persoas con diversidade funcional. Estas dúas actitudes e aproximacións son un erro, non debes de xeneralizar dese xeito.
Como en todas as relacións de cara á outra persoa, debes de tratar de coñecelo ou coñecela antes de decidir se che gusta ou non. Ata se ti decides persoalmente que alguén non che gusta debes manter unha actitude de profesionalidade, e así poderás facilitar os teus servicios ó individuo dependendo dos teus valores como persoa e do teu nivel de tolerancia.
1) diversidade funcional conxénita e
2) diversidade funcional adquirida por causa de danos ou enfermidade.
DIVERSIDADE FUNCIONAL CONXÉNITA:
Diversidade funcional conxénitas son aquelas que ocorren no nacemento. Pode ser unha peculiaridade de nacemento, tales como espiña bífida ou parálise cerebral, as cales poden ser detectadas no nacemento ou tamén manifestarse de madeira máis tardía durante o período de vida.
A xente con diversidade funcional que se desenvolve cunha insuficiencia podería perderse certas experiencias durante a vida infantil, determinando grandes diferencias en niveles de habilidades nalgúns campos cos seus respectivos homólogos. Por exemplo, algunha xente con diversidade funcional conxénita pode ter problemas para relacionarse con xente sen diversidade funcional como consecuencia de vivir estando “atendidos” en centros onde no contorno existente só se desenvolven persoas con mesmo perfil de diversidade. A miúdo, os nenos destes grupos que están sobreprotexidos polas súas familias non poderán ter a oportunidade de tomar decisións ou aprender a comportarse adecuadamente en situacións públicas dadas en ambientes non dependentes. Se alguén toma as súas decisións por eles, estas persoas con diversidade funcional poderían chegar a ter dificultade en tomar decisións ou en elixir entre alternativas
en asuntos de índole monetaria.
