Dependendo do tipo da diversidade funcional e das restriccións para a autonomía persoal, existen equipos e aparellos que capacitan á persoa con diversidade funcional para desenvolverse nas actividades do día a día. Probablemente a peza máis común e familiar destes equipos é a cadeira de rodas. Basicamente existen dous tipos de cadeiras de rodas, manual e electrónica. A cadeira de rodas manual é propulsada pola mesma persoa con diversidade funcional ou alguén situado a seu carón e empuxando manualmente. Unha cadeira de rodas electrónica é propulsada por medio dun motor alimentado por unha batería, facilitando a súa manobrabilidade coa instalación dun sistema de dirección coñecido como “Joystick”, que pode ser accionado co movemento do pulso ou movementos manuais, ou a través do control do mesmo co queixo do individuo, se non poden usar as súas mans.
Algunha xente en cadeira de rodas tamén se vale duns equipos de respiración autónomos e portátiles para asistirlles no proceso respiratorio. Moitos séntanse sobre coxíns especiais para reducir a presión nalgunhas áreas sensibles da pel. Algunha xente con diversidade funcional emprega adaptacións para suxeitar un garfo ou un bolígrafo cando non son capaces de agarrar facendo pinza cos seus dedos polgares e índices. Hai xente con danos na medula espiñal que perden a súa habilidade para controlar as funcións da vexiga e intestinos, poden precisar dun catéter para derivar a ouriña dentro dunha bolsa especial que normalmente vai axustada á perna do individuo. A xente con desordes da fala podería valerse dunha pantalla dixital para emitir mensaxes ou dunha máquina de taquigrafía para comunicarse cos demais. Poden usar un Joystick para escribir ou pasar as páxinas dun libro. Con estes exemplos se quere dicir que hai unha gran variedade de equipamentos e aparellos que a xente con diversidade funcional usa regularmente. Cada artigo ten unha función específica.
A persoa con diversidade funcional para a que traballas explicarache os equipos e aparellos que usa regularmente e cómo proceder con eles conforme ás súas preferencias. Debes de familiarizarte co modo de uso dos equipos que utilizarás habitualmente e mantelos en boas condicións de funcionamento.

