Voltar Páxina AMBAR
INTRODUCCIÓN
01.- VIDA INDEPENDENTE
02.- ASISTENCIA PERSOAL
03.- FALEMOS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL
04.- AXUDAS TÉCNICAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA
06.- FUNCIÓNS DO ASISTENTE PERSOAL
07.- BUSQUEDA DE TRABALLO COMO ASISTENTE PERSOAL
08.- A ENTREVISTA
09.- ADESTRAMENTO
10.- RELACIÓN ENTRE O A.P. E O SEU XEFE OU XEFA
11.- RELACIÓNS HUMANAS, CLAVE DA ASISTENCIA PERSOAL
12.- SISTEMAS DE APOIO
13.- GRATIFICACIÓNS
14.- INTRODUCIÓN PREVENCIÓN DE RISCOS
REFERENCIAS
05.- TIPOS DE SERVICIOS DE ASISTENCIA

A xente con diversidade funcional vive dentro dunha variedade contornos onde poden acceder a varios escenarios de servicios de atención e coidados.

Consideramos dúas modalidades básicas de servicios: 1) Individuais e 2) Servicios de atención compartidos. 

1) Servicios de atención individuais

 Son servicios prestados por un asistente persoal para unha única persoa con diversidade funcional. O AP pode traballar por horas na casa da persoa con diversidade funcional ou noutros espacios onde lle aporta apoio, ou tamén o AP podería residir coa persoa con diversidade funcional, por exemplo, na casa do seu xefe ou xefa ou na habitación dunha residencia na universidade. A persoa con diversidade funcional podería vivir soa, cos seus pais ou coa súa parella ou fillos. 

En calquera caso, a propia persoa con diversidade funcional é xeralmente responsable de contratar supervisar e rescindir os servicios do seu propio Asistente Persoal. 

2) Servicios de atención compartidos

 Existen comunidades de usuarios de asistencia, grupos de persoas con diversidade funcional cunhas necesidades de atención parecidas que viven preto unas doutras (por exemplo, no mesmo complexo de vivendas). Os servicios de atención poden ser facilitados ó grupo enteiro de maneira que devandito grupo comparta o persoal de asistencia. Nunha situación coma esta, dun a dous AP están dispoñibles ó longo do día ou da noite. Isto significa que ti poderías traballar unhas 8 horas de quenda onde estás pendente de chamada durante todo o período de relevo. Como AP, ti poderías facilitar servicio a todos os integrantes do grupo, non só a unha persoa como é o caso da atención e asistencia privada. Nun sistema de servicio de atención e coidados compartidos adoitase contratar a unha persoa como “coordinador de asistencia” que é a responsable de organizar cuadrantes e supervisar ós AP.

As persoas con diversidade funcional que viven dentro dun sistema de asistencia compartido, normalmente comparten tamén a responsabilidade de contratar e rescindir os servicios do AP.