Un Asistente Persoal pode realizar calquera tarefa dependendo da situación en que se atope a persoa á que presta o seu traballo. As tarefas virán definidas polas diferencias funcionais da persoa para a que o Asistente Persoal desenvolva a súa tarefa e serán sempre previamente pactadas por ambas partes.
Podemos dividir as principais tarefas en diferentes áreas:
- Tarefas persoais: serán todas aquelas que están relacionadas directamente coa persoa, talles como o aseo (lavar, duchar, afeitar, depilar, etc.), vestirse, levantarse da cama, axuda nas necesidades fisiolóxicas, axuda para comer, beber, espirse e deitarse, preparación e toma de medicamentos. Atender o teléfono, tomar notas, pasar páxinas etc.
- Tarefas do fogar: as que se realizan dentro da vivenda, desde a limpeza da propia vivenda, pasando por facer as camas, ordenar a roupa, utilizar os electrodomésticos, ata facer a comida ou atender a animais ou plantas.
- Tarefas de acompañamento: trátase de acompañar á persoa con diversidade funcional (independentemente da súa idade) na súa casa, no traballo, na rúa (ben sexa para xestionar papeis, ir ao banco ou á compra), nas viaxes e nas actividades de lecer. Así como no tempo de vacacións.
- Tarefas de conducción: cando ademais de acompañar, o asistente ten que conducir un coche, xa sexa para levar ou recoller á persoa con diversidade funcional, acompañala a recoller a terceiros, etc..
- Tarefas de Comunicación: refírese tanto á interpretación en Lingua de Signos para persoas con diversidade funcional auditiva, como á interpretación dos diferentes Sistemas Alternativos de Comunicación que en ocasións utilizan persoas con limitacións na comunicación, (p. ex. Algunhas persoas con parálise cerebral)
- Tarefas de coordinación: as referidas á planificación do día a día e á axuda de toma de decisións
- Tarefas excepcionais: serán aquelas que veñen provocadas por unha crise da persoa asistida (que pode ser de carácter físico ou psíquico). Actuarase sempre aténdose a un protocolo previamente establecido para tales casos pola propia persoa asistida.
- Tarefas especiais: as referidas a actividades relacionadas coas relacións sexuais (entendendo por estas as que implican o acompañamento ou axuda na preparación). Nalgúns países (Alemaña, Dinamarca) existe a figura do asistente sexual.
