Esta obriña foi concebida como ferramenta de apoio para o curso de Asistente Persoal promovido pola Asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional, e desenvolvido en 2007. Enmárcase dentro da perspectiva do Movemento de Vida Independente, que explica o rol social da Persoa con Diversidade Funcional[1] dende a condición de cidadán que toma parte activa na solución aos problemas que lle ateñen
Moitas persoas con diversidade funcional aspiran a ser cidadáns activos, e disfrutar dos mesmos dereitos e obrigas que os demais membros da comunidade na cal vive. Para logralo precisan da información adecuada, do asesoramento e apoio entre iguais e da autoaxuda; ademais, tamén poden precisar dos servicios de asistencia persoal, das axudas técnicas e das posibilidades de acceso completo ao entorno material.
A meta a acadar é a igualdade de oportunidades e a calidade de vida que se adquire coa autodeterminación da persona con diversidade funcional, para o cal debe tomar o control como consumidor sobre os servicios necesarios para a súa autonomía persoal.
A fórmula proposta polo Movemento de Vida Independente está baseada na Asistencia Persoal en función das necesidades asistenciais e o Pago Directo ao usuario dos servicios para a contratación da axuda conforme a súa propia elección. Con este modelo de provisión da axuda lograse un sistema eficiente (menor custe, máis controlable e mellor calidade de servicio), versátil (non precisa infraestructuras e acada a calquera lugar) e satisfactorio (adaptase ao plan de vida do usuario).
Nesta guía compílanse diversas reflexións de activistas de vida independente de España sobre un documento do Instituto para Rehabilitación e Investigación de Houston, adaptado á perspectiva deste curso, co fin último de aproximar a quen a lea a un modelo de xestión dos apoios persoais cuia prioridade é posibilitar a vida independente daquelas persoas que precisan de apoios para desenvolverse conforme aos seus criterios e preferencias, determinando como vivir as súas propias vidas.
Dende AMBAR dáse conta do oportuno e adecuado de incorporar aos servicios sociais esta ferramenta que posibilita a liberación e a construcción da cidadanía das personas con diversidade funcional, dende agora e para futuras xeracións.
Xullo de 2007.
[1] Diversidade Funcional: Termo acuñado polo Foro de Vida Independente para referir a Discapacidade sen incurrir en tópicos ou connotacións negativas, animando a alusión ao enriquecedor do valor da diversidade do humano, procurando unha expresión positiva.
