PROGRAMA “VELA PARA TODOS” Singradura 2007-2009
Este programa está encamiñado a atraer a un grande número de persoas ó mundo da vela, sen que a súa condición funcional sexa unha limitación, posibilitándolles experimentar a navegación e participar da actividade náutico-recreativa nun ambiente accesible e inclusivo, edificando unha dinámica de relacións entre persoas, deporte, natureza, tradición, innovación e interactividade entre organizacións. A dotación de persoal con habilidades apropiadas e de recursos materiais idóneos permitirá a práctica do recreo, do deporte de competición ou da actividade terapéutica, facilitando a navegación con total seguridade a neófitos, incluso sen instrucción, e ós máis experimentados, e sempre coa provisión dos apoios necesarios. O espazo físico para o desenvolvemento adecuado deste programa é o CLUB NÁUTICO RIVEIRA Patrocinadores: SECRETARÍA XERAL BENESTAR, FUNDACION DEPORTE GALEGO, CONGALSA, SERDECO COLABORADORES: PROTECCION CIVIL, CRUZ VERMELLA DO MAR SERAFIN CADAVAL E LISARDO CALO XA FIGURAN ENTRE OS MELLORES REGATISTAS DE EUROPA Dos días 11 ao 13 de abril nas instalacións do Real Club Marítimo de Barcelona tivo lugar a regata Open Sailability de vela, onde dous deportistas do programa AMBAR Vela para Todos, Serafín Cadaval e Lisardo Calo, competiron na clase Access 303, resultando subcampeóns de Europa nesta modalidade, logo de clasificar con dous primeiros postos, un cuarto e un quinto. Asemade o Programa desplazou tres embarcacións mais (dous Access 303 e un Access Breeze), que permitiron competir a outras tantas tripulacións galegas formadas polos compañeiros do Clube Náutico de A Coruña. “Vela para todos” desenvólvese no Clube Náutico de Ribeira con apoio da Vicepresidencia da Xunta de Galicia e da Fundación Deporte Galego. Este é un programa aberto para todas as persoas, de calquera idade, que desexen participar da actividade náutica de recreo e deportiva. |