En colaboración coa COGAMI poñemos a disposición dos veciños os seguintes servizos: SERVIZO DE EMPREGO PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL : Axudamos a atopar emprego a persoas con diversidade funcional coa atención directa ós traballadores interesados e o asesoramento ás empresas; mediante a formación e orientación laboral para todos, a adaptación do posto de traballo, a creación de enclaves laborais, o mantemento de postos de traballo, os centros especiais de emprego e o autoemprego (Axente do Servizo Galego de Colocación e do Servizo de Intermediación Laboral). SERVIZO DE FORMACIÓN: Procuramos o necesario para a planificación e organización de todo tipo de cursos para persoas con diversidade funcional: presenciais, a distancia, ocupacionais, prelaborais, técnicos, para adultos, etc... SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO: AMBAR dispón de 5 furgonetas adaptadas para o transporte acondicionado dos usuarios do centro ocupacional, de apoio en actividades instrumentais ou aquelas necesidades especificas dos socios e non socios da entidade. A sostibilidade do Servizo de transporte adaptado de AMBAR, entendida como o grao de continuidade dos beneficios que son producidos polo mesmo para os beneficiarios, mantense desde 1994 de forma crecente en canto a medios dispoñibles, debido á progresiva demanda dos usuarios e a diversificación das actividades que a asociación practica. A situación actual de compromiso entre os custes directos derivados deste servizo e o mantemento da calidade e a seguridade do mesmo, no marco de recursos que AMBAR provee á comunidade do Barbanza é significada nun incremento importante de ditos custes directos que teñen repercusión tanto na prestación deste servizo como nos restantes. Os vehículos de AMBAR realizaron no ano 2005 arredor de 99.500 Km. Durante o ano 2006 realizáronse un total de 114.278 km, o que significa un considerable aumento da rodaxe, que se mantén en progresión ascendente. Da atención á crecente demanda de asistencias resulta un importante aumento dos quilómetros percorridos que ten como efecto un correlativo aumento dos custes variables do servizo de transporte (combustible, reparacións e mantemento convencional). Si a estes custes se agrega o aumento xeral dos prezos e, en particular, dos derivados do petróleo, podemos advertir o complicado escenario no que AMBAR se atopa para despregar os servizos de transporte adaptado nas mellores condicións de seguridade e fiabilidade.
SERVIZO XURÍDICO: Facilitamos información e asesoramento en temas xurídicos e xenéricos. Realización dos actos administrativos. Elaboracións de convenios e contratos de natureza xurídica. Charlas informativas a usuarios e técnicos de lexislación sobre diversidade funcional. SERVIZO DE ACCESIBILIDADE: Aportamos asistencia técnica e orientación sobre deseño e materiais, informes sobre niveles de accesibilidade en entornos concretos, sobre entornos xa construídos e entornos a construír ou reformar e material de accesibilidade. SERVIZO SOCIAL: Xestionamos axuda, acompañamento e tramitación en problemáticas ou necesidades específicas de integración educativa, familiar; tamén ante organismos públicos e privados. Preparación, de actos, xornadas de información e sensibilización locais. SERVIZO DE SENSIBILIZACIÓN: Orientamos sobre Prevención, Diversidade funcional, Voluntariado, Socialización da diversidade funcional, Apoio, Protección xurídica das persoas con diversidade funcional, Saúde e Hábitos domésticos, Nutrición, Cambios posturais, etc... Accións de divulgación, participación en feiras e exposicións, en medios de comunicación, difusión activa e outras actividades de sensibilización e documentos informativos. ÁREA DE VOLUNTARIADO: Traballamos en rede no deseño, planificación, programación de campañas. Colaboramos na programación e posta en marcha de actividades de animación sociocultural: festas, celebracións, visitas culturais, excursións, etc.. e actividades de ocio e tempo libre, artísticas, talleres... Contribuímos á formación ó voluntariado. Total horas realizadas por persoal voluntario en actividades e servizos prestados por AMBAR á comunidade de Barbanza é de 2.250 h. SERVIZO DE BIBLIOTECA E DOCUMENTACIÓN SOBRE DIVERSIDADE FUNCIONAL : Servizo de axudas técnicas: · Servimos información e asesoramento específico para cada usuario. · Beneficiamos ós usuarios de axudas Técnicas mediante servizos axeitados a través dun convenio de colaboración con empresas do sector. · Procuramos recursos para todo tipo de persoas (con diversidade funcional, anciáns, puericultura, etc.). · Consultoría de proxectos e execución de obras de eliminación de barreiras e adaptación na vivenda. · Axudas técnicas informáticas para persoas con diversidade funcional severa (preparación de equipos e outros dispositivos informáticos). CENTRO COMARCAL DE SERVIZOS PARAA DIVERSIDADE FUNCIONAL : AMBAR está a construír un novo centro de recursos para a comarca do Barbanza, para atender as necesidades reais. No centro de servizos de SAN ROQUE-RIVEIRA poderase servir a diversos tipos de usuarios en tres vías: 1ª Formación ocupacional, prelaboral e orientada ó emprego. 2ª Intervención que favoreza a integración social e comunitaria. 3ª Intervención Social a través de servizos de información, orientación e asesoramento específicos. Este centro de recursos permitirá canalizar tódalas actividades e servizos que a asociación desenvolve na comarca. Como resultado primordial esperado pola execución deste proxecto preténdese unha mellora en tódolos ámbitos de vida das persoas con diversidade funcional a través de: · Aumento da oferta de servizos para persoas con diversidade funcional · Aumentar a participación e integración das persoas do colectivo e das familias · Mellorar os servizos nas zonas rurais · Aumentar a cualificación prelaboral e profesional · Fomentar a inserción social e laboral · Promover a vida activa das persoas con diversidade funcional na comarca Os servizos de AMBAR están pensados para atende-las cuestións que as persoas con diversidade funcional e súas familias establezan. Os socios dispoñen de vantaxes exclusivas da súa condición e, en xeral, calquera persoa, independentemente da súa condición de socio, pode contactar con AMBAR para trata-la súa consulta. SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO DE PORTA RESPOSTA : Mediante este servizo recollemos e damos contestación ás consultas sobre: · Accesibilidade e axudas técnicas · Axudas económicas · Educación e Formación · Movemento Asociativo · Laboral · Xurídico E outras… |