Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada

Plan 2005 - 2010

 

AMBAR é un actor relevante na comunidade da Barbanza e non permanece á marxe dos cambios da sociedade e, por iso, se estima necesario elaborar un Plan Estratéxico que estableza os rumbos de futuro por onde guiar a nosa actuación colectiva durante os próximos anos e sexa o instrumento que nos permita afrontar os cambios organizativos e os acordos internos necesarios para garantir a competencia da Asociación AMBAR en tal escenario.

Propoñémonos un programa de actuación que procura orientar aberta e organizadamente as actividades da asociación, coa perspectiva de 2010, de acordo coas propias capacidades e coas demandas percibidas, no marco suposto. Para iso prodúcese o actual documento de consenso, onde se concretan as liñas mestras que orientarán a marcha da Asociación cara as metas establecidas, que requirirán grandes esforzos de adaptación e coordinación interna.

A iniciativa de Obra Social de Caixa Galicia, facilitando a AMBAR a posibilidade de realizar o Plan Estratéxico coa asistencia de INTRESS, e que aquí se plasma, non nos pon a salvo das eventualidades, pero apórtanos vantaxes indubidables, pois vigorizará a articulación entre os órganos de decisión e as unidades operativas de AMBAR, aliñará a toda a asociación e axudaranos a identificar con maior claridade os problemas e as oportunidades no noso entorno.

O Plan Estratéxico de AMBAR non é un programa de goberno que restrinxa a capacidade de decisión da Asemblea Xeral, da Xunta Directiva ou das unidades operativas da entidade, se non que debe ser considerado por todos nós como unha ferramenta para a toma de decisións, que busca dar coherencia e sentido progresivo ás nosas opcións de futuro, posibilitando a adaptación dentro dun proceso ordenado para o período determinado no plan.


OBXECTIVOS DO PLAN ESTRATÉXICO

O Plan Estratéxico fixase os seguintes obxectivos:

·         Definir as aspiracións e prantexamentos de futuro de AMBAR.

·         Actuar para dispor o alineamento interno.

·         Facilitar o proceso de reorganización e de estructuración interna.

·         Posicionar adecuadamente a AMBAR con propósito de impulsar o avance do modelo social da diversidade funcional.

·         Promover unha imaxe coherente e moderna da asociación.

·         Proxectar a intervención colectiva das PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL para impulsar cambios na comunidade.

  

Neste Plan Estratéxico determínase a misión da asociación e expóñense as liñas estratéxicas a asumir no período 2007-2010, orientando as iniciativas a desenvolver, así como o modelo organizativo e de xestión que contemplará a realización das accións necesarias para desenvolver a misión acordada.

 

Servicios DE AMBAR  

** Os servicios que PROMOVA AMBAR deben ser

-      DE CALIDADE

-      INCLUSIVOS

-      PROMOVEN O EMPODERAMENTO

 

** Para isto fomentarase:

-      A IDENTIFICACIÓN

-      DA XENTE DA ASOCIACIÓN

-      DA COMUNIDADE DO BARBANZA

[coa misión de AMBAR]

 

** Por iso é preciso:

-      DESENVOLVER A CAPACIDADE DE FINANCIAMENTO

-      ESTABLE E AUMENTADA

[para o funcionamento eficaz de AMBAR] 

 

 LIÑAS DE TARABALLO DE AMBAR.

O despregamento da cultura identificativa de AMBAR e o cumprimento da Misión explicitada da asociación, esixiranos centrar a actividade da asociación en torno a unhas prioridades estratéxicas que ordenen a actuación de AMBAR, que se configuran en tres liñas de traballo que fixaremos como Liñas Estratéxicas.

 

Liña nº 1.

"OS SERVICIOS QUE PROMOVA AMBAR DEBEN SER DE CALIDADE, INCLUSIVOS E DESENVOLVERÁN O EMPODERAMENTO DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL".

 

Liña nº 2.

"CONSTRUÍR A IDENTIFICACIÓN DA XENTE DA ASOCIACIÓN E DA COMUNIDADE D A BARBANZA COA MISIÓN DE AMBAR".

 

Liña nº 3.

"DESENVOLVER A CAPACIDADE DE FINANCIAMENTO ESTABLE E AUMENTADA PARA O FUNCIONAMENTO EFICAZ DE AMBAR".  


PLANS DE ACCIÓN.

Os plans de acción son elaborados para dar cumplimento aos obxectivos estratéxicos e deben ser implantados. O proceso de implantación cubre toda a gama de actividades da asociación, desde as directivas ás de intervención social.

Os plans de acción previstos  para dar cumprimento ós obxectivos expresados son os seguintes:

1.    Plan de accións comunitarias e de autoaxuda.

2.    Plan de atención de necesidades e satisfacción individual.

3.    Plan de comunicación interno e externo.

4.    Plan de mellora do persoal interno.

5.    Plan de mellora administrativa.

6.    Plan de sostibilidade financeira.

7.    Plan de voluntariado