O venres 4 de xuño AMBAR acolleu a vistita institucional da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, quen acudeu ata as instalacións do Centro de Recursos da Barbanza, no lugar de Frións en Ribeira. A conselleira, chegou acompañada da Directora Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, Coro Piñeiro, do Portavoz parlamentario do Grupo popular, Manuel Ruiz, e do Alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer. Á súa chegada ás instalacións foi recibida pola presidenta da entidade, Milagros Rey e por varios membros da Xunta Directiva, así como traballadores e usuarios do centro, que agasallaron a conselleira cun ramo de flores e un exemplar da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, encadernado no propio taller de encadernación que funciona neste centro de recursos.
Durante o percorrido polas distintas dependencias e talleres nos que a diario traballan as persoas que acoden ó centro, tanto Milagros como os demáis membros da Xunta Directiva, transladaron á Conselleira e o resto dos seus acompañantes diversas explicacións sobre o funcionamento dos servicios que AMBAR proporciona na comunidade da Barbanza e das posibles melloras a realizar de forma máis inmediata para favorecer a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Momento no que Manuel Vilas entrega un exemplar da convención a Conselleira.  Durante o percorrido no exterior das instalacións.  A conselleira acompañou a un grupo de usuarias nas súas tarefas no invernadoiro
|