VISITA DO PARLAMENTARIO MANOLO RUIZ RIVAS
|
O pasado 31 de marzo o portavoz do grupo parlamentario popular, Manuel Ruiz Rivas, visitou as instalacións do Centro de Recursos de AMBAR, atendendo á invitación da Xunta Directiva da entidade, xa que non puido estar presente na inauguración oficial das instalacións. Na visita, na que estivo acompañado pola presidenta da asociación Milagros Rey e por outros membros da directiva e do equipo técnico, transmitíronselle as demandas fundamentais da entidade tales como a financiación das prazas para o Centro de Día e o remate das obras dun dos módulos da segunda fase que resta por construír no Centro de Recursos. Así mesmo, aproveitouse a ocasión para comunicar o inicio da xornada de tarde no Servicio de Centro Ocupacional, poñendo en funcionamento o servicio de comedor e novos talleres para os usuarios de AMBAR. Manolo Ruiz amosou a súa total colaboración, poñéndose a disposición da entidade para que esta poida facer fronte ás súas necesidades na procura de mellor calidade de vida na comunidade. |