O Ministerio de Educación acaba de publicar a Orde EDU/1461/2010, do 20 de maio, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2010-2011 Contámosvos os principais requisitos e pasos a seguir: Destinatarios: Alumnos escolarizados en centros educativos españois con necesidade específica de apoio educativo Requisitos Xerais: Acreditar a necesidade específica de apoio educativo. Non superar un determinado nivel de renda e patrimonio. Dotación: A contía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante (compensación, residencia, material didáctico, desprazamento, etc.).
Para efectuar a solicitude, primeiro tedes que rexistrarvos na Web do Ministerio:
Entrade no seguinte link: http://www.educacion.es/portada.html No portal, a man esquerda, picar na pestana BECAS Y AYUDAS. Na nova páxina, no menú da esquerda, BECAS Y AYUDAS PARA ESTUDIAR, da igual escoller PRIMARIA, SECUNDARIA ou BACHILLERATO. Na seguinte páxina, picar en BECAS Y AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO Tamén podedes probar a entrar directamente dende o link: http://www.educacion.es/horizontales/servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html) A continuación, picar en ACCESO AL SERVICIO ONLINE, picar en REGISTRARSE. Escoller a opción, dependendo se o voso fillo/a ten ou non DNI DIXITAL Encher OS DATOS DEL ALUMNO/A e envialo (Lede ben os requisitos do contrasinal) Finalmente, no correo que sinaledes, recibiredes un enlace dende o que poderedes conseguir a solicitude.
O período de presentación é do 7 ao 30 de xuño Para calquera dúbida, o teléfono é 902 111 225 |