Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional Inicio | Accesibilidade | Privacidade | Contacto | Área Privada
 
Voltar
 

I CAMPEONATO DE VELA ADAPTADA
28/04/2010

Os días 13 e 14 de marzo, disputouse en aguas de A Coruña o I Campeonato Galego de Vela Adaptada, que foi organizado polo Real Club Náutico da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Deportes de Minusvalidos Físicos (FGDMF) e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia.

No evento reuníronse participantes de varias clases diferentes de embarcacións  adaptadas (2.4mr, Access 303, Yatland 460 e Raquero Adaptado). O número de participantes foi de 30 personas pertencentes a 6 clubes galegos.

Na modalidade Raquero a tripulación vencedora foi do RCN de la Coruña; Carmen Gomez, Marifé Álvarez y Curro Jiménez; en 2.4mr a victoria foi para o navegante do Club de Vela Escota de Vigo, Antonio Figueroa, en Access gañaron os regatistas do RCN da Coruña, Javier Mouriño e  David Rivera, e por último en Yatland 460 o vencedor foi Jesús Pombo, da Fundación María José Jove.

A Asociación AMBAR participou neste evento co programa Vela para Todos de Riveira, participando na xornda do domingo con dúas tripulacións,  Lisardo Calo e Domingo Ruíz,  e Carlos Fernández e Sergio Pouso,  en sendos barcos Access 3.03, destacando os deportistas de Riveira a boa organización e o papel deportivo que conseguiron.

Esta é a primeira ocasión na que se organiza en Galicia unha proba deportiva en clase Access, unha embarcación de recoñecido prestixio internacional pola que o Programa Vela para Todos apostou dende o inicio, e que cada ano está a sumar novas incorporacións que van conformando unha pequena frota de barcos e deportistas en Galicia, unha das máis importantes de España nestes momentos.