INCLUSIÓN EDUCATIVA E DIVERSIDADE FUNCIONAL NA PRIMEIRA INFANCIA
|
O venres 19 de febreiro Ambar organizou unha xornada sobre “Inclusión Educativa e Diversidade Funcional na primeira infancia” Con esta xornada pretendiamos acercar a experiencia de pais e nais que levan un longo recorrido loitando porque os seus fillos teñan garantizado o cumprimento dos dereitos recollidos na Convención da ONU sobre os Dereitos das personas con disCapacidade, e a labor de profesionais que diariamente traballan con nenos con necesidades educativas especiais e que desenvolven a súa ocupación baixo a óptica da inclusión, a igualdade de oportunidades e o empoderamento das persoas con diversidade funcional. O acto tivo lugar no Centro de Recursos do Barbanza e para a apertura do mesmo contouse coa presenza da concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Esther Patiño Rey, quen deu paso as testemuñas de Esther Cuadrado, Mónica Sumay e Cecilio García, os cales dende a súa propia experiencia, analizaron as necesidades familiares ás que se enfrontan os pais e familiares de menores con algún tipo de diversidade.
A continuación, a presidenta da Asociación BATA, Carmen Márquez e a pedagoga Mº Cruz da Silva, achegaron diferentes propostas encamiñadas cara a inclusión dos menores.
|
||||||